METZ é unha banda canadense de noise rock formada en Otava pero baseada en Toronto.[1][2][3] O grupo está composto polo guitarrista e vocalista Alex Edkins, o baixista Chris Slorach e o batería Hayden Menzies.[4]

METZ
OrixeOtava, Canadá
Período2008 - presente
Xénero(s)noise rock, hardcore punk, post-hardcore, post-punk, grunge
Selo(s) discográfico(s)Sub Pop Records, Royal Mountain, Three One G, Swami Records
MembrosAlex Edkins
Chris Slorach
Hayden Menzies
Na rede
metzztem.com
Facebook: metz Twitter: METZtheband Instagram: metz_theband Tumblr: metzztem MySpace: metztheband Bandcamp: metz Spotify: 18TNVFTJ6WfeicsMRrdJHI Last fm: Metz Musicbrainz: 449c400c-8312-4c1d-bed8-c8d774090759 Songkick: 615340 Discogs: 1333275 Allmusic: mn0002969945 Genius: Metz Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

Fundada no ano 2008, METZ editou o seu autotitulado álbum de estrea a través do selo Sub Pop en 2012.[5] O disco entrou na lista de candidatos ao Polaris Music Prize 2013 o 16 de xullo de 2013.[6]

O 17 de febreiro de 2015 a banda anunciou un novo álbum, II, co lanzamento do seu primeiro tema, "Acetate", acompañado dun vídeo musical; o disco sería publicado o 5 de maio dese ano en Norteamérica e o día anterior no resto do mundo. II foi un dos candidatos ao Polaris Music Prize 2015.[7]

Para o Record Store Day de 2016 a banda asociouse cos estadounidenses Mission of Burma e xuntos lanzaron un sinxelo compartido, onde os de Toronto versionaban o tema “Good, Not Great", aparecido no álbum The Obliterati de Mission of Burma, e estes últimos interpretaban a canción "Get Off" do disco de estrea de METZ.[8]

En maio do ano 2017 METZ anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Strange Peace, gravado por Steve Albini. O disco publicouse o día 22 de setembro dese ano.[9][10]

No mes de xullo de 2020 a banda anunciou que o seu cuarto álbum de estudio, Atlas Vending, sería editado o 9 de outubro novamente a través de Sub Pop Records.[11]

En febreiro de 2024 anunciouse o quinto álbum de METZ, Up on Gravity Hill, así como dous sinxelos e unha xira por América do Norte e Europa entre abril e novembro.[12] O disco apareceu o día 12 de abril a través do selo Sub Pop Records.[13]

Membros

editar

Actuais

editar
  • Alex Edkins - guitarra, voz (2007-presente)
  • Hayden Menzies - batería (2007-presente)
  • Chris Slorach - baixo (2008-presente)

Antigos

editar
  • Chuck Saso - baixo (2007-2008)

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
METZ 2012 Sub Pop
II 2015 Sub Pop
Strange Peace 2017 Sub Pop
Atlas Vending 2020 Sub Pop
Up on Gravity Hill 2024 Sub Pop
  1. Exclaim! (ed.). "METZ Sign to Sub Pop, Plot Debut Album for October Release". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  2. Pitchfork (ed.). "Metz". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  3. The Guardian (ed.). "New band of the week: METZ". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  4. "Music: Sub Pop post-punks Metz care little for your sensitive eardrums". The Denver Post (en inglés). 2013-05-01. Consultado o 2024-06-02. 
  5. The Globe and Mail (ed.). "Meet METZ, Toronto’s newest rock trio". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  6. Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Unveils 2013 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  7. Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Announces 2015 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  8. "Good, Not Great / Get Off, by METZ / Mission of Burma". METZ (en inglés). Consultado o 2024-06-02. 
  9. Records, Sub Pop. "METZ - Strange Peace". Sub Pop Mega Mart (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 
  10. Subscribe. "Back to the drawing board: Metz". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 
  11. Strauss, Matthew. "METZ Announce New Album Atlas Vending, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 
  12. Edwards, Briony (2024-02-14). "Metz announce new album Up On Gravity Hill, two new singles and a massive world tour". louder (en inglés). Consultado o 2024-06-01. 
  13. "Up On Gravity Hill, by METZ". METZ (en inglés). Consultado o 2024-06-01. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar