Man cheng jin dai huang jin jia

(Redirección desde «Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ»)

Man cheng jin dai huang jin jia (en chinés: 满城尽带黄金甲) é un filme épico chinés de 2006 do xénero wuxia escrito e dirixido por Zhang Yimou. O título en mandarín foi tomado da última liña dun poema da dinastía Qi escrito polo líder rebelde Huang Chao, quen foi tamén o emperador da dinastía Qi.

Man cheng jin dai huang jin jia
Ficha técnica
DirectorZhang Yimou
ProdutorWilliam Kong
Zhang Weiping
Zhang Yimou
GuiónZhang Yimou
Baseado enThunderstorm de Cao Yu
IntérpretesChow Yun-fat
Gong Li
Jay Chou
Qin Junjie
MúsicaShigeru Umebayashi
FotografíaZhao Xiaoding
EstudioEdko Film
DistribuidoraSony Pictures Classics
Estrea21 de decembro de 2006
Duración114 minutos
Orixe China
XéneroWuxia
Orzamento45 millóns de dólares
Recadación78 568 977 dólares
Na rede
IMDB: tt0473444 Filmaffinity: 974502 Allocine: 108517 Rottentomatoes: m/curse_of_the_golden_flower Mojo: curseofthegoldenflower Allmovie: v353855 TCM: 646991 Metacritic: movie/curse-of-the-golden-flower TV.com: movies/curse-of-the-golden-flower Netlix: 70058097Editar o valor em Wikidata

Cun orzamento de 45 millóns de dólares, no momento da súa estrea foi o filme chinés máis caro da historia, superando a Wu ji de Chen Kaige.[1] Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado. Porén foi nomeado na categoría de mellor deseño de vestiario. En 2007, recibiu catorce nomeamentos nos Premios do Cinema de Hong Kong, gañando os premios de mellor actriz para Gong Li, mellor dirección de arte, mellor deseño de vestiario e maquillaxe e mellor canción orixinal para "菊花台" (Chrysanthemum Terrace) por Jay Chou.[3]

Personaxes editar

  • Chow Yun-fat como Emperador Ping (大王 Dàwáng "Rei").
  • Gong Li como Emperatriz Phoenix (王后 Wánghòu "Raíña").
  • Jay Chou como príncipe Jai (Príncipe Yuanjie (王子元杰 Wángzǐ Yuánjié)).
  • Qin Junjie como príncipe Yu (Príncipe Yuancheng (王子元成 Wángzǐ Yuánchéng)).
  • Liu Ye como príncipe herdeiro Wan (Príncipe herdeiro Yuanxiang (太子元祥 Tàizǐ Yuánxiáng)).
  • Ni Dahong como médico imperial Jiang (蒋太医 Jiǎng-tàiyī).
  • Chen Jin como muller do médico (Mrs. Jiang (蒋氏 Jiǎng-shì)).
  • Li Man como Jiang Chan (蔣嬋 Jiǎng Chán, filla do médico).

Notas editar

  1. Zhang Yimou raises "Armor" en CCTV
  2. "'Curse,' 'The Banquet' picked as Oscar entries" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Associated Press via Chinadotcom, 3 de outubro de 2006.
  3. (en chinés) Hong Kong Film Awards official homepage 26th Hong Kong Film Awards winner/nomination list Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 15 de xuño de 2011

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar