Música gótica
A música gótica é un estilo musical de finais do século XX, que conta cunha iconografía e características bastante concretas:
- Ideoloxía do romanticismo literario (época de lord Byron e Mary Shelley) e temática do desamor;
- Utilización e transformación (reinterpretación, apropiación, terxiversación ou recuperación) de mitoloxía e lendas tradicionais;
- Uso de temas medievais e bíblicos;
- Ambientes escuros e noitébregos;
- Relación destemida con morte, medo, ira, odio, escuridade, seres sobrenaturais etc.;
- Elegancia e clasicismo no vestir (case sempre de negro) combinada coa palidez cetrina na pel da face;
- Vocalista feminina;
Con todo, as orientacións dentro do gótico son varias: existen grupos que tenden ó punk ou ó black-metal ou o dark-metal, mentres que outros van cara ó doom ou cara á música electrónica. Algunhas veces compáraselle con bandas sonoras de películas épicas ou procedentes do cómic (do estilo O Señor dos Aneis ou Underworld), o cal non está de todo errado pois comparten certos elementos visuais, musicais ou mesmo están presentes nas bandas sonoras.
Canto ó estilo musical, é singular pola súa mestura da música orquestrada (certos instrumentos e mesmo formacións enteiras) coa música electrónica e as guitarras eléctricas máis propias de estilos máis duros coma o Heavy. A sobriedade e a amplitude da escala vocal tamén adoitan aparecer nos temas, e sitúanse nunha liña herdeira directa do Heavy alemán dos anos 80 (Warlock e Doro Pesch, Europe etc.), do rock sinfónico e da música electrónica dos 90.
A inmensa maioría dos grupos máis coñecidos nos circuítos musicais son europeos (coa excepción dos estadounidenses Evanescence), e unha boa parte da tradición procede dos tres países escandinavos, de Alemaña e de Países Baixos (a excepción é Lacuna Coil, de Italia). As tendencias máis fortes proceden de grupos xurdidos en Polonia.
Grupos
editarCo éxito dalgúns grupos, coñeceu un rexurdimento nestes comezos da primeira década do milenio. Os principais grupos representativos son:
- Evanescence (Estados Unidos de América), os de corte máis comercial;
- Within Temptation (Países Baixos), tamén de corte algo comercial;
- Epica (Países Baixos), un dos grupos con máis divulgación, cunha moi noviña cantante, Simone Simons, de 20 anos, e que acaban de sacar no 2006 Consign to Oblivion, inspirado no mundo maia;
- Tristania;
- Theatre of Tragedy, dos grupos máis vellos e recoñecidos: a súa cantante Liv Kristine marchou do grupo e formou Leave's eyes;
- After forever
- Edenbridge
- Penumbra
- Lacrimosa (Alemaña), de corte máis electrónico;
- The Sins of Thy Beloved
- Lacuna Coil (Italia), os máis seguidos polos rockeiros tradicionais;
- The gathering (Países Baixos), cun estilo moi tranquilo cando a que canta é a vocalista, Anneke van Giesbergen;
- Midnattsol, autores do disco Where twilight dwells, de 2005;
- Octavia Sperati (Noruega), composto case integramente por mulleres;
- Beseech
- Therion, sacou un disco dobre en 2005: Lemuria xunto con Sirius B;
- L'âme immortelle (Alemaña);
- Vesania
- Sirenia
- Svenia