Músculo flexor curto dos dedos


O músculo flexor curto dos dedos, tamén chamado musculus flexor digitorum brevis, é un músculo do que flexiona o 2º ao 5º dedo do .

Músculo flexor curto dos dedos
Latín [TA]: musculus flexor digitorum brevis
Orixe Calcáneo
Inserción    2.ª falanxe dos dedos 2º a 5º do pé
Vascularización
Innervación nervio tibial
Accións Flexión da 2ª falanxe dos dedos 2º a 4º.
Antagonista Músculo extensor longo dos dedos, músculo extensor curto dos dedos

Inserción

editar

Está situado na rexión da planta do pé por debaixo da aponeurose plantar. Orixínase no óso do calcáneo, concretamente no seu tubérculo interno e na escotadura que separa o tubérculo interno e o seu tubérculo externo. A partir desta inserción, forma un ventre muscular alongado que remata en 4 tendóns que se unen á 2ª falanxe do 2º, 3º, 4º e 5º dedos a ambos os dous lados (lateral e medial). Non ten tendón para o dedo gordo do pé que ten un músculo separado que realiza a mesma función, o músculo flexor curto do dedo gordo.

Función

editar

A súa contracción provoca a flexión da segunda falanxe dos últimos catro dedos do pé, tamén colabora no mantemento do arco lonxitudinal ou anteroposterior do pé.[1]

innervación

editar

Está innervado polo nervio plantar medial e lateral, ambas ramas do nervio tibial.

  1. Mariano Núñez-Samper Pizarroso, Luis Fernando Llanos Alcázar: Biomecánica, medicina y cirugía del pie, 2.ª edición, 2007, Masson, S.A., ISBN 84-458-1684-5 Consultado el 2 de abril de 2012.