Hallux

primeiro dedo do pé

O hallux é o nome científico do primeiro pododáctilo (primeiro dedo) do do ser humano (que recibe o nome vulgar de "dedo gordo do pé").[1][2][3]

O hallux (dedo gordo do pé) é o maior dedo á dereita nesta foto dun pé esquerdo

En xeral, tamén se lle dá este nome ao primeiro dedo das patas traseiras dos vertebrados tetrápodes.

No ser humano

editar

O hallux é o dedo correspondente ao dedo polgar, pollex ou pólice, nos membros superiores. Posúe, a diferenza dos outros dedos, dúas falanxes en lugar de tres.

O ser humano es o único primate no que o hallux está aliñado en paralelo co resto dos dedos, sendo este un factor clave para a locomoción bípede. Por iso, non é estraño que as malformacioóns, infeccións e outras patoloxías deste dedo, como os hallux valgus (xoanetes),[4] produzan un grande impacto para a calidade de vida do paciente e requiran de cirurxía correctora.

O dedo gordo tamén é un obxecto de atracción e prácticas sexuais para algúns individuos.

Nos animais

editar

En anatomía comparada dos tetrápodes, hallux é o termo latino que designa ao dedo máis interno ou medial do pé. A identidade destes dedos e a súa diferenza cos dedos dos membros superiores puideron xurdir no curso da evolución simultaneamente coa aparición do quiridio nos vertebrados, probabelmente en primeiro lugar nos peixes ripidistios e rizodóntidos.

En varios animais, como nos homínidos (gorilas, chimpancés e orangutáns) e en varios marsupiais (como o coala) teñen o hallux opoñíbel aos restantes dedos, como o dedo polgar humano, ou matapiollos.[5]

Nas aves está oposto ao resto dos dedos do pé, para permitirlles suxeitárense firmemente ás pólas das árbores cando pousan nelas.

  1. hallux no Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-4333-371-2.
  2. Kent, Michael (2003). Diccionario Oxford de Medicina y Ciencias del Deporte. Paidotribo. ISBN 8-4801-9716-1. 
  3. Clarke, John (1998). Un diccionario de materia médica práctica. Nueva Delhi: B. Jain Publishers. ISBN 978-8-1702-1812-8. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xoanete.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para matapiollos.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.