Músculo extensor radial curto do carpo

O músculo extensor radial curto do carpo ou segundo radial externo é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo e terceiro metacarpiano.

Músculo extensor radial curto do carpo

Orixe e inserciónsEditar

O músculo orixínase no epicóndilo lateral do úmero. Insírese na superficie dorsal da base do segundo e terceiro metacarpiano. Durante o seu percorrido adoita situarse por debaixo do extensor radial longo do carpo.

FunciónEditar

Estende e abduce o pulso.

InnervaciónEditar

Está innervado pola póla fonda do nervio radial.

VascularizaciónEditar

Está vascularizado pola arteria radial