Músculo bíceps da coxa

O bíceps crural ou femoral [1] é un músculo do membro inferior humano. Insírese superiormente no coxal, pasa pola coxa e chega á perna. O seu nome débese a que está formado por dúas porcións, unha longa e unha curta.

Músculo bíceps femoral
Orixe Tuberosidade isquiática, liña áspera do fémur
Inserción    Extremo superior do peroné
Vascularización arteria femoral fonda
Innervación nervio ciático maior
Accións Extensión da cadeira, flexión e rotación do xeonllo

Insercións superiores

editar
  • Da porción longa: insírese no bordo inferior da pube.
  • Da porción curta: insírese no intersticio entre os dous beizos do bordo posterior da diáfise femoral.

Insercións inferiores

editar

As dúas porcións únense na metade inferior da diáfise femoral nun único tendón, que se insire na epífise proximal do peroné.

Innervación e vascularización

editar
  • Innervación: é innervado polo nervio ciático maior.
  • Vascularización: é innervado pola arteria femoral fonda.

Relacións importantes

editar
Artigo principal: Oco poplíteo.
  • Forma parte do límite superior do oco poplíteo.

Funcións

editar
Artigo principal: Articulación coxo-femoral.
  • Na articulación coxo-femoral: é un extensor desta articulación.
Artigo principal: Xeonllo.
  • No xeonllo: é un flexor da perna sobre a coxa, e tamén un rotador externo desta articulación.
  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21. 

Véxase tamén

editar