Mária Telkes
Mária Telkes, nada en Budapest o 12 de decembro de 1900 e finada o 2 de decembro de 1995, foi unha física e química húngara, pioneira e inventora que traballou en tecnoloxías de enerxía solar.[1] Trasladouse aos Estados Unidos de América logo de obter o seu doutoramento en fisicoquímica.
(1956) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (hu) Telkes Mária Terézia Zsófia 12 de decembro de 1900 Budapest, Hungría |
Morte | 2 de decembro de 1995 (94 anos) Granada, Caribe |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Hungría Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Eötvös Loránd (–1920) |
Actividade | |
Campo de traballo | Termoeletricidade (pt) |
Ocupación | química , biofísica , inventora |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Interesado en | Enerxía renovable |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Parentes | Simon Telkes (en) (avó) |
Premios | |
Carreira editar
Telkes traballou como biofísica nos Estados Unidos, e de 1939 a 1953, investigou sobre a enerxía solar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Telkes é coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947, e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts deseñada por Eleanor Raymond,[2][3][4] e o primeiro refrixerador termoeléctrico en 1953.
Foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, incluíndo unha unidade portátil de desalinización para uso en botes salvavidas, que utilizan enerxía solar e condensación para obter auga potable por destilación solar.[1]
Telkes é considerada unha das fundadoras dos sistemas de almacenamento de enerxía solar, por ese motivo foi chamada a "raíña solar".[1] Mudouse a Texas nos 70 e asesorou moitas compañías pioneiras no campo da enerxía solar.
Premios editar
- 1952 Premio Society of Women Engineers.
- 1977 American Solar Energy Society - Premio Charles Greeley Abbot
- 2012 National Inventors Hall of Fame
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Maria Telkes". National Inventors Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ Denzer, Anthony (2013). The Solar House: Pioneering Sustainable Design. Rizzoli. Arquivado dende o orixinal o 26/07/2013. Consultado o 09/02/2020.
- ↑ Rooney, Anne. Solar Power. Gareth Stevens, Inc. (2008)
- ↑ Eyras, Ismael (3/4/2015). "Eleanor Raymond 1887-1989". Un día | una arquitecta. Consultado o 10/12/2016.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mária Telkes |
Ligazóns externas editar
- "Maria Telkes Resources". solarhousehistory.com.