Máquina hidráulica

Unha máquina hidráulica é unha variedade de máquina de fluído que emprega para o seu funcionamento as propiedades dun fluído incompresible ou que se comporta como tal, debido a que a súa densidade no interior do sistema non sofre variacións importantes.

Vista detallada dunha bomba hidráulica.

Convencionalmente especifícase para os gases un límite de 100 mbar para o cambio de presión; de modo que se este é inferior, a máquina pode considerarse hidráulica. Dentro das máquinas hidráulicas o fluído experimenta un proceso adiabático, é dicir, non existe intercambio de calor co contorno.

Clasificación

editar
 
Bomba de engrenaxes.
 
Bomba de engrenaxes.
 
Bomba de engrenaxes.

As máquinas hidráulicas pódense clasificar atendendo diferentes criterios.

Segundo a variación de enerxía

editar

Nos motores hidráulicos, a enerxía do fluído que atravesa a máquina diminúe, obténdose enerxía mecánica, mentres que no caso de xeradores hidráulicos, o proceso é o inverso, de xeito que o fluído incrementa a súa enerxía ao atravesar a máquina.

Atendendo ao tipo de enerxía fluidodinámica que se intercambia a través da máquina temos:

Segundo o tipo de intercambio

editar

Tendo en conta a forma coa que se intercambia a enerxía dentro da máquina, temos:

  • Máquinas de desprazamento positivo ou volumétricas. Trátase dun dos tipos máis antigos de máquinas hidráulicas e baséanse no desprazamento dun volume de fluído comprimíndoo. O exemplo máis claro deste tipo de máquinas é a bomba de aire para bicicletas. Subministran un caudal que non é constante, para evitalo en ocasións únense varias para lograr unha maior uniformidade. Estas máquinas son apropiadas para subministracións de alta presión e baixos caudais.

Segundo a envoltura

editar

Atendendo á presenza ou non de carcasa:

Segundo o movemento

editar

Existen outros criterios, como a división en rotativas e alternativas, dependendo de se o órgano intercambiador de enerxía ten un movemento rotativo ou alternativo, esta clasificación é moi intuitiva pero non atende ao principio básico de funcionamento destas máquinas.

Na seguinte táboa amósase un resumo da clasificación das máquinas hidráulicas (l=líquido, g=gas).

Motoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émbolo[1]
Rotativas - Bombas rotoestáticas
Turbomáquinas Turbinas hidráulicas[1]
Aeroxeradores (g) (Máquina axial)
Xeradoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émbolo
Rotativas - Bombas rotoestáticas
Turbomáquinas Bombas rotodinámicas ou centrífugas (máquina radial) (l)
Ventiladores (g) (Máquina axial)

Compoñentes

editar
  1. 1,0 1,1 As máquinas volumétricas, exceptuando algunhas máquinas rotoestáticas que polo seu deseño non poden inverter o seu movemento, son reversibles, de modo que poden funcionar indistintamente como xeradoras ou motoras

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar