Papoazul

paxaro pequeno da familia dos papamoscas
(Redirección desde «Luscinia svecica»)

O papoazul (Luscinia svecica) é un paxaro pequeno da familia dos papamoscas (Muscipapidae). (Nalgún tempo foi considerado membro da familias Turdidae, da que fai parte, entre outros, o merlo)[2].

Papoazul

Macho da especie
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Luscinia
Especie: L. svecica
Nome binomial
'Luscinia svecica'
(Linnaeus, 1758)
Distribución das subespecies
Distribución das subespecies

Distribución das subespecies

Características editar

Descrición editar

E de tamaño semellante ó papo vermello, mide uns 13 ou 14 cm. A súa constitución é delgada. As ás son curtas e arredondadas, coa terceira e cuarta plumas primarias máis longas cás outras.As patas son longas e finas.A cola é negra con manchas vermellas nas beiras. Ten unha mancha superciliar (cella) branca. O macho ten no papo unha mancha azul con bordos sucesivamente de cor negra, branca e da cor da ferruxe. Algunhas razas como L. svecica svecica do norte de Eurasia teñen no centro da mancha azul outra vermella. Noutras, como L. svecica cyanecula , do centro e sur de Europa esta mancha central e branca. A raza turca L. svecica magna non ten mancha.

As femias son de cores menos brillantes e teñen no papo da cor da crema ou cunha media lúa negra. Os inmaturos teñen manchas e puntos escuros pola parte inferior.

Malia as diferenzas de aspecto entre machos, estudos xenéticos recentes confirmaron que se trata dunha especie única.

Costumes editar

 
Papoazul de mancha vermella

Os machos teñen un canto forte, moi variado e, ás veces, imitativo que recorda ó do reiseñor. Canta sobre todo pola maña cedo e cando empeza a escurecer.

Son activos durante o día e no crepúsculo. Cazan insectos sobre todo nas beiras cheas de lama dos ríos, en superficies cultivadas e entre o mato. Fas os niños agachados en xeral non lonxe da auga, nun furado no chan, entre herba ou arbustos mestos. a femia pon 6 ou 7 ovos de cor gris azulada clara con puntos castaño avermellados, que son chocados polos dous pais unhas dúas semanas.

Distribución editar

Vive en zonas de bosque húmido ou zonas húmidas con arbustos de Eurasia, con algúns exemplares tamén en Alasca occidental. Son migratorios. No continente europeo a raza coa mancha vermella na gorxa vive no norte e nos Alpes; a raza coa mancha branca vive en Centroeuropa, sur da Europa occidental e parte do sur do continente.

Son migratorios. Os exemplares europeos pasan o inverno no sur de España, norte de África e sur de Asia.

Poboación en Galiza e España editar

O papoazul só aniña no Sistema Central (dende as serras de Béjar e Candelario en Salamanca, ata Somosierra e serra de Ayllón) e Cordilleira Cantábrica, ocupando preferentemente os vales da cara sur. Como migrante destaca no sueste da península (procedente do sur do sahara) e nas Illas Baleares onde inverna un pequeno continxente de papoazuis procedentes doutros países europeos (das subespecies L. s. svecica e L. s. cyanecula).

 
Luscinia svecica cyanecula

Tamaño da poboación editar

A comezos dos anos 90 estimouse a poboación aniñante en España nunhas 9.000-12.800 parellas. En Europa as estimacións acadan un total de 530.000 parellas reprodutoras (1994). En Galiza aniña no Parque Natural do Invernadoiro.

Existen moi poucos datos sobre a abundancia da especie, así no Sistema Central, nas uceiras da Serra de Ayllón, obtivéronse 0,1 aves/10 ha (1986); nos piñeirais de Gredos, entre 0,5 e 1,3 aves/10 ha, dependendo da altitude (1991). Nos uceirais subcantábricos de Palencia, 5 machos/10 ha (1991). Na Serra de Béjar, Salamanca, a densidade acadada é de 0,46 aves / 10 ha, como media.

Nos últimos anos semella que a súa poboación está a medrar no norte da península.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar