Lupin (serie de televisión)
Lupin é unha serie de televisión francesa creada por George Kay e François Uzan estreada en Netflix o 8 de xaneiro de 2021. A serie consiste en 10 capítulos, estreados en dúas quendas.[1] Está protagonizada por Omar Sy no papel de Assane Diop, un home inspirado polas aventuras de Arsène Lupin, personaxe creado por Maurice Leblanc.[2]
Lupin | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | George Kay François Uzan |
Dirixido por | Marcela Said Ludovic Bernard Louis Leterrier |
Intérpretes | Omar Sy Ludivine Sagnier Clotilde Hesme Vincent Londez |
Lingua(s) | Francés |
Temporadas | 1 (dúas partes) |
Episodios | 10 |
Produción | |
Localización(s) | Francia |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeira emisión | 8 de xaneiro de 2021 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80994082 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SinopseEditar
Hai 25 anos, en 1995, Assane Diop é un rapaz marcado pola morte do seu pai, acusado dun crime que non cometeu.[3][4] Na actualidade, Assane participa nun roubo dun colar que pertencía a María Antonieta. A xoia, exposta no museo do Louvre, pertence á rica familia Pellegrini. Diop quérese vingar desta familia por acusar falsamente o seu pai, e obra inspirado polo seu personaxe fetiche o "cabaleiro ladrón" Arsène Lupin. Assane tenta tamén ocuparse do seu fillo Raoul, que vive coa súa exparella Claire[5].
ElencoEditar
- Omar Sy como Assane Diop
- Vincent Londez como Capitán Romain Laugier
- Ludivine Sagnier como Claire
- Clotilde Hesme como Juliette Pellegrini
- Nicole Garcia como Anne Pellegrini
- Hervé Pierre como Hubert Pellegrini
- Soufiane Guerrab como Youssef Guédira
- Antoine Gouy como Benjamin Ferel
- Fargass Assandé como Babakar Diop
- Shirine Boutella como Sofia Belkacem
- Etan Simon como Raoul
NotasEditar
- ↑ Morris, Lauren (8 de xaneiro de 2021). "When is French crime drama Lupin on Netflix?". Radio Times. Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
- ↑ "The trailer for Netflix's Lupin introduces a new gentleman thief". polygon.com. 29 de setembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "Lupin Trailer: Omar Sy Stars in Netflix's New Heist Series". comingsoon.net. 2 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "Netflix Releases Premiere Date and Trailer for 'Lupin' Starring Omar Sy (TV News Roundup)". variety.com. 2 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "Lupin trailer offers a fresh retelling of classic French gentleman thief". arstechnica.com. 2 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.