Luiz Alfredo Garcia-Roza

escritor e psicanalista brasileiro

Luiz Alfredo Garcia-Roza, nado no Río de Xaneiro o 16 de setembro de 1936 e finado no mesmo lugar o 16 de abril de 2020, foi un escritor e psicanalista brasileiro, casado coa psicanalista e tamén escritora Livia Garcia-Roza.[1]

Infotaula de personaLuiz Alfredo Garcia-Roza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLivia Garcia-Roza Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2274603 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Fillo dunha familia de 12 irmáns, criouse no barrio de Copacabana. Fixo os estudos primarios na capital fluminense e na cidade de Vitória (Espírito Santo), para onde os pais se trasladaron temporalmente. De volta ao Río de Xaneiro, serve, aos 18 anos, no exército. Estuda na Universidade Federal do Río de Xaneiro (UFRJ),licenciándose en filosofía e psicoloxía.[2]

Estreouse na literatura de ficción en 1996, aos 60 anos de idade, coa obra O Silêncio da Chuva, que lle rendeu en 1997 un dos principais premios literarios do Brasil, o Jabuti, na categoría novela.[3] Antes diso, foi profesor universitario e autor de libros e artigos sobre psicanálise.[4]

En 2006, recibiu o título de profesor emérito da Universidade Federal do Río de Xaneiro no Fórum de Ciencia e Cultura.[5]

As súas historias pasan, basicamente, na cidade do Río de Xaneiro, entre Copacabana e o barrio Peixoto. Neste reside o personaxe recorrente dos seus libros, o delegado Espinosa, cuxa delegación se localiza en Copacabana. A galería de personaxes conta aínda co mozo investigador Welber, brazo-dereito de Espinosa e tan incorruptível canto o delegado. A única novela do autor en que o delegado non aparece é Berenice Procura, de 2005.

As súas historias, aínda que ambientadas no Río de Xaneiro, foxen do estereotipo ao presentar casos moito máis relacionados con dramas persoais mal-resoltos do que aos temas recorrentes do narcotráfico e da venda de armas. O interior de cada personaxe é bastante explotado, sen, con todo, esquecer as descricións dun Río de Xaneiro moi particular, a cidade vista polo heterodoxo policial Espinosa.[6]

Ocupa un lugar destacado no literatura de xénero de investigación policial.[2]

Morte editar

O escritor faleceu na cidade do Río de Xaneiro, o 16 de abril de 2020.[7]

Adaptacións editar

Cinema editar

O primeiro libro en recibir adaptación para o cinema foi Achados e Perdidos,[8] en 2006, dirixido por José Joffily e protagonizado por Antônio Fagundes. En 2007, o guionista Paulo Halm gañou o Premio ABL de Cinema, polo mellor guión adaptado.

Outro libro que recibiu adaptación foi Berenice Procura. O filme foi destacado na Mostra Internacional de Cinema de São Paulo, no Festival Mix Brasil e no Festival do Río en 2017, alén de percorrer algúns países a través do Festival Brasileiro de París, do 34º Chicago Latino Film Festival, da 9ª Edición do Festival de Cinema Cidade do Luxemburgo e do Festival Internacional de Cinema Brasileiro en Milán.[9] Tivo dirección de Allan Fiterman e foi protagonizado por Cláudia Abreu, Caio Manhente e a modelo Valentina Sampaio.[10]

En 2018, foi anunciada a adaptación do libro O Silêncio da Chuva para o cinema, con dirección de Daniel Filho e guión de Lusa Silvestre "Estômago", "O Roubo da Taça" e "A Glória e a Graça"). O filme tería como protagonista o actor Lázaro Ramos, interpretando o detective Espinosa e debería ser lanzado en 2019.[11]

Ano Título Director
2006 Achados e Perdidos José Joffily
2018 Berenice Procura Allan Fiterman
2019 O Silêncio da Chuva Daniel Filho

O día 15 de outubro de 2015, estreou na canle GNT a serie Novela Policial - Espinosa, unha serie televisiva baseada na novela Uma Janela Em Copacabana. Con dirección de José Henrique Fonseca e tendo como protagonista o actor Domingos Montagner, a serie contou con oito capítulos semanais.[12]

Ano Título Director
2015 Novela Policial - Espinosa José Henrique Fonseca

Obras editar

Novelas editar

Non-ficción editar

Notas editar

  1. "O Casal 2000 da literatura brasileira. Luis Eduardo Matta. Digestivo Cultural". www.digestivocultural.com (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  2. 2,0 2,1 Cultural, Instituto Itaú. "Luiz Alfredo Garcia-Roza". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  3. "Premiados do Ano. 62º Prêmio Jabuti". www.premiojabuti.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  4. "Luiz Alfredo Garcia-Roza". 
  5. "Luis Alfredo Garcia Roza ganha título de professor emérito". Universidade Federal do Rio de Janeiro (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 2020-04-16. 
  6. "Entrevistas". www.comciencia.br. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 2020-04-16. 
  7. "Morre, aos 84 anos, o mestre da literatura policial Luiz Alfredo Garcia-Roza". O Globo (en portugués). 2020-04-16. Consultado o 2020-04-16. 
  8. "Achados e Perdidos TV Brasil" (en portugués). 2014-10-10. Consultado o 2020-04-16. 
  9. Leandro Lima. "Berenice Procura "É um filme de inclusão", afirmam diretor e produtora em entrevista" (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  10. Haddefinir, Henrique (2018-04-13). "Berenice Procura. Crítica". Omelete (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  11. AdoroCinema. "Lázaro Ramos será detetive Espinosa no cinema". AdoroCinema. Consultado o 2020-04-16. 
  12. "Fotos e trailer de ‘Romance Policial-Espinosa’, que estreia em outubro. Nova Temporada". VEJA (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar