Luís de Trelles
Luis de Trelles Noguerol, nado en Viveiro o 20 de agosto de 1819 e finado en Zamora o 1 de xullo de 1891, foi avogado, político e xornalista galego, fundador da Adoración Nocturna Española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis de Trelles y Noguerol 20 de agosto de 1819 Viveiro, España |
Morte | 1 de xullo de 1891 (71 anos) Zamora, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873 Circunscrición electoral: Vilademuls | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCursou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo, e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado en Viveiro, A Coruña e Madrid. Foi catedrático do Notariado na Coruña e impartiu clases de Dereito Civil na Facultade de Dereito da USC. Foi redactor de El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, dirixido por Vicente Manuel Cociña, e logo da marcha de Cociña a Córdoba substituíuno na dirección; colaborou en El Faro Nacional e El Pensamiento Español.
Foi deputado en Cortes polos distritos de Viveiro (1853-1854) e Vilademuls (Xirona) (1871). O goberno encargoulle un estudo sobre o foro galego que publicou en Faro Nacional (1859-1864). Fundou a Conferencia de San Vicente de Paúl en Viveiro (1858). Impulsou a Asociación del Culto Continuo e fundou El Centro Eucarístico de Madrid (1872), Adoración Nocturna en España (1877) e as Camareras de Jesús Sacramentado (1881).
En 1993 creouse a Fundación Luis de Trelles.
Veneración
editarEn 1994 comezou o seu proceso de beatificación na diocese de Zamora.[1] A fase diocesana do proceso rematou en 2001, e en 2009 foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos. O 22 de xaneiro de 2015 o papa Francisco declarouno "venerable".[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El Vaticano declara 'Venerable' al vivariense Luis de Trelles, fundador de la Adoración Nocturna Española". El Progreso (en castelán). 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 9/12/2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.