Luís Trabazo
pintor e xornalista galego
(Redirixido desde "Luis Trabazo")
Luís Vázquez Trabazo coñecido como Luís Trabazo, nado en Ourense en 1912 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1978, foi un pintor e xornalista galego.
Luís Trabazo | |
---|---|
Nacemento | 1912 |
Ourense | |
Falecemento | 13 de novembro de 1978 |
Ourense | |
Soterrado | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e pintor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito. Participou na Guerra Civil onde gañou a medalla ao mérito individual. Comenzou a pintar nos anos cincuenta e expuxo por primeira vez en 1959. Dirixiu unha galería de arte en Madrid. Foi xornalista e escribiu crítica de arte na revista Índice. Tamén foi un estudoso do Modernismo en Ourense, sobre o que publicou artigos en La Región. Publicou en 1969 o tratado de filosofía política ¿Violencia o razón?