Luis Pernas
culturista galego
Luis Pernas Novo, nado na Solaina (Narón) en 1975, é un culturista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Narón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLuis Pernas comezou a competir en culturismo en 1995 e proclamouse campión galego en 1999, así como campión de España dos pesos pesados en 2003, 2006 e 2008. Tamén gañou distintos torneos abertos e en 2010 no Arnold Classic, o campionato mundial da Federación Internacional de Culturistas (IFBB). En 2014 proclamouse Mister Universo e Mister Universo Talle Medio nos campionatos do mundo da IFBA, unha das federacións internacionais deste deporte, que ten sede en Italia[1].
Vida persoal
editarÉ dono de ximnasios[2] e tendas de alimentación deportiva, e traballa como técnico informático da Universidade da Coruña[3].
Notas
editar- ↑ "Luis Pernas Mr Universe". Web da IFBA (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ "Luis Pernas Novo: “El culturismo es superación personal y una forma de vida”". El Correo Gallego (en castelán). 28 de marzo de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ "«En Estados Unidos los culturistas son estrellas; aquí nos llaman bichos raros»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.