Luís Monteagudo

arqueólogo e filólogo galego
(Redirección desde «Luis Monteagudo García»)

Luís Monteagudo García, nado na Coruña o 20 de novembro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2018,[1] foi un arqueólogo director do Museo Arqueolóxico da Coruña, membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Luís Monteagudo
Nacemento20 de novembro de 1919
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de febreiro de 2018
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Madrid
Ocupaciónarqueólogo
Na rede
Dialnet: 98558
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. En 1935, con 15 anos, ía coa asociación Los Amantes del Campo promovida por Manuel Insua Santos, precedente das actuais asociacións interesadas na arqueoloxía e dedicada a realizar traballos de arqueoloxía, escavando sitios arqueolóxicos e documentando os traballos. En agosto de 1937 comezou a traballar como carteiro auxiliar e despois brigada postal no Servizo de Correos. Foi alistado en 1938 e marchou á fronte. Foi ferido dúas veces na Guerra Civil, unha cun anaco de metralla na cabeza e outra cun tiro da 11 División de Líster.[2] Como mutilado de guerra volveu incorporarse ao Servizo de Correos de abril de 1939 a decembro de 1940.

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1941, e doutorouse na Universidade de Madrid en 1949 coa tese Prehistoria del NW de España. Galicia en Ptolomeo. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde onde promoveu a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña en 1947, das que foi apartado por motivos políticos. Percorreu Galiza documentando achados e dirixindo escavacións. Percorreu en bicicleta Europa visitando museos e coleccións. Foi director do Museo de Ávila e posteriormente foi nomeado director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, onde formou a moitos arqueólogos que continuaron o seu labor. En 1975 foi apartado do posto pola súa defensa a morte do Museo e o Patrimonio Arqueolóxico e enviado en comisión de servizos forzosa ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela onde se xubilou. En calquera caso el sempre se considerou "Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña por oposición, non por dixitación" segundo asinou algúns dos seus escritos.[3] Finou en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2018.[4],

ObrasEditar

  • Die Beile der Iberischen Halbinsel, Machados de bronce da Península Ibérica.
  • Hachas de talón, 1951.
  • Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal, 1954.
  • Hispania Germánica, 1966.
  • Hacha de tope tipo Senra A, 1975.
  • La religiosidad callaica. Estela funeraria romana de Mazarelas (Oza dos Ríos, A Coruña), cultos astrales, prisciliano y outeiros. Anuario Brigantino, nº 19, 1996, pp 11-118.

NotasEditar

  1. Redacción (14 de febreiro de 2018). "Morre Luis Monteagudo, o arqueólogo rebelde que loitou na Guerra Civil e percorreu Europa en bicicleta". historiadegalicia.gal. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  2. Monteagudo, Luís (1991). "Necrópolis de mámoas de A Zapateira (A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (14): 11–32. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  3. Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia (20 de decembro de 1996). "Datos biográficos de Luís Monteagudo". Homenaxe ao Dr. D. Luís Monteagudo. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  4. "Morre o arqueólogo Luís Monteagudo", artigo en Cultura Galega, 14 de febreiro de 2018.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar