Luis Gómez Piña
Luis Antonio Gómez Piña, nado en Lisboa o 7 de setembro de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1969 (55 anos) Lisboa, Portugal |
Alcalde da Cañiza | |
2019 – ← Miguel Domínguez Alfonso | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
28 de abril de 2009 – 27 de setembro de 2011 ← Antón Louro Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarPolítica municipal
editarNas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Cañiza e foi elixido concelleiro na oposición. Nos seguintes comicios foi mellorando progresivamente os seus resultados, pasando de 1 concelleiro a 2 en 1995 e 1999, 4 en 2003, 5 en 2007 e 2011 e 6 en 2015 e 2019. Nesta última convocatoria electoral o PPdeG perdeu a maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde grazas a un pacto co único concelleiro de Ciudadanos[1]. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta ó lograr 7 concelleiros.
Política nacional e autonómica
editarFoi deputado no Congreso dos Deputados dende o 28 de abril de 2009 en substitución de Antón Louro[2], permanecendo no cargo ata o final da lexislatura en 2011. Trala finalización do seu mandato como parlamentario estatal, accedeu a un escano no Parlamento de Galicia en substitución de Guillermo Meijón a finais de 2011[3], permanecendo ata o final de dita lexislatura en 2012.
Foi Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra a partir de outubro de 2009, ata a súa renuncia en xaneiro de 2012. Dende xaneiro de 2018 volveu a ocupar dito posto[4], no cal se mantivo tralo congreso de febreiro de 2022.
Predecesor: Miguel Domínguez Alfonso |
Alcalde da Cañiza 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ Luis Gómez Piña llega a la Alcaldía tras 28 años en la oposición
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, «É un orgullo ser o primeiro da comarca en estar no Congreso», 24-5-2009, p. L12]
- ↑ Luis Piña ingresó en el Parlamento de Galicia
- ↑ El PSOE provincial nombra a Luís Gómez Piña secretario de organización