Luigi Galleani nado en Vercelli o 12 de agosto de 1861, e finado en Caprigliola, Aulla o 4 de novembro de 1931, foi un anarquista italiano activo nos Estados Unidos entre 1901 e 1919. Visto polos historiadores como un anarquista insurreccionalista, é coñecido pola súa defensa entusiasta da "propaganda polo feito", como o uso da violencia para eliminar "tiranos" e "opresores" e actuar como un catalizador para derrubar as institucións gobernamentais existentes.[1][2][3] Dende 1914 a 1932, os seguidores de Galleani nos Estados Unidos (coñecidos como i Galleanisti), levaron a cabo unha serie de atentados con bombas e intentos de asasinato contra persoas que viron como inimigos de clase.[1] Despois de que Galleani fose deportado de volta a Italia en xuño de 1919, os seus compañeiros reivindicaron o Atentado de Wall Street de 1920, que provocou a morte de 38 persoas.

Luigi Galleani
Nacemento12 de agosto de 1861
Lugar de nacementoVercelli, Italia
Falecemento4 de novembro de 1931 (70 anos)
Lugar de falecementoCaprigliola, Aulla, Italia
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino de Italia
Alma máterUniversidade de Turín
OcupaciónPolítico anarquista
CónxuxeMaria Galleani
Na rede
WikiTree: Galleani-1
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Avrich, P., Sacco and Vanzetti: The Anarchist Background, Princeton, N.J.: Princeton University Press, ISBN 0-691-02604-1 (1991), pp. 81, 97-99, 135-141, 147, 149-156, 158, 172, 195, 214
  2. Galleani, Luigi, Faccia a Faccia col Nemico, Boston, MA: Gruppo Autonomo, (1914)
  3. Wilkinson, Paul, Conflict Studies: Terrorism versus Liberal Democracy, the Problems of Response, London: Institute for the Study of Conflict, Current Affairs Research Services Centre, Issues 67-68 (1976), p. 3