Abrir o menú principal

Ludolph van Ceulen

Ludolph van Ceulen, nado en Hildesheim o 28 de xaneiro de 1540 e finado en Leiden o 31 de decembro de 1610, foi un matemático alemán.

Ludolph van Ceulen
Ludolf van Ceulen.jpeg
Nacemento28 de xaneiro de 1540 e 7 de febreiro de 1540
 Hildesheim
Falecemento31 de decembro de 1610
 Leiden
SoterradoPieterskerk
NacionalidadePobo alemán
Alma máterUniversidade de Leiden
Ocupaciónmatemático, profesor e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
De circulo & adscriptis liber (1619)

Fillo de pais humildes, só terminou unha formación elemental. Emigrou aos Países Baixos por motivos relixiosos, onde foi profesor de esgrima e matemáticas. Ensinou en Delft e Leiden. No ano 1600 foi nomeado profesor de matemáticas e enxeñaría da Universidade de Leiden, onde permaneceu até o seu pasamento.

É coñecido principalmente por calcular o valor de π cunha aproximación de 35 cifras decimais utilizando o método dos perímetros mediante un polígono regular de 262 lados. De feito, este número foi coñecido no continente durante moito tempo como número ludolphino. Pasou gran parte da súa vida neste labor e a súa tumba reflícteo no feito de ter gravadas as 35 cifras: 3,14159265358979323846264338327950288.

Escribiu un tratado Sobre o círculo, onde se dá unha primeira aproximación de pi con 20 cifras decimais. O seu máis reputado estudante foi Willebrord Snel, quen traduciu dúas das obras de Van Ceulen ao latín.

Véxase taménEditar