Lucien Muller

futbolista francés

Lucien Muller-Schmidt, nado en Bischwiller, Baixo Rin, o 3 de setembro de 1934, é un exfutbolista e exadestrador francés. Xogaba como centrocampista e foi internacional coa selección francesa, formando parte do equipo francés no Mundial de 1966.

Modelo:BiografíaLucien Muller

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Lucien Muller Schmidt Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Bischwiller, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLe petit Raymond Kopa
Don Luciano Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1957 RC Strasbourg 79(17)
1957–1959 Toulouse FC 69(19)
1957–1959 Toulouse FC 69(19)
1959–1962 Stade de Reims Champagne 107(19)
1962–1965   Real Madrid CF 77(2)
1965–1968   FC Barcelona 68(3)
1968–1970 Stade de Reims Champagne 36(5)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1959–1964   Francia 16(3)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
xullo de 1960Eurocopa de Fútbol Francia 1960 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como futbolista

editar

Comezou a xogar ao fútbol na súa Alsacia natal, e logo destacou no Stade de Reims, co que se coroou dúas veces campión de Francia. En 1962 fichou polo Real Madrid,[1] co que gañou tres ligas e xogou a final da Copa de Europa de 1964, perdendo contra o Inter de Milán de Helenio Herrera.[2] En 1965 pasou ao FC Barcelona, onde a pesar de ser anunciado como o sucesor de Raymond Kopa, as súas actuacións non foron as esperadas. Pechou a súa carreira cunha segunda etapa no Reims.

Selección francesa

editar

Internacional coa selección francesa en 16 ocasións, disputou a Eurocopa de 1960 e foi parte do conxunto francés que participou no Mundial de 1966, aínda que non chegou a debutar no torneo.

Como adestrador

editar

Trala súa retirada foi adestrador durante dúas décadas, case sempre en equipos españois. Dirixiu o Castellón, o Burgos, o Zaragoza e o Mallorca, e na tempada 1978/79 o FC Barcelona, co que chegou á final da Recopa de Europa, aínda que foi substituído por Joaquim Rifé antes do encontro final.

Fóra de España adestrou o AS Monaco durante tres anos.

  1. "Se asegura en Francia: Di Stéfano recomendó que el Real Madrid contratase a Muller". El Progreso (en castelán) (17096). 21 de xullo de 1962. p. 6. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  2. "Inter - Real Madrid 1964". UEFA (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar