Luces de circulación diúrnas


As luces de circulación diúrnas ou no seu acrónimo inglés DRL (Daytime Running Lights) é unha medida de condución que pretende que as luces de circulación dos coches estean acesas sempre que o vehículo está en marcha, tanto de noite como de día. O seu obxectivo é aumentar a seguridade coa mellora da visibilidade. En moitos países do mundo estas luces só son obrigatorias á noite, en circunstancias climatolóxicas adversas (brétema, choiva ou neve) ou en túneis.

Estudos científicos

editar

Os distintos estudos feitos sobre as luces de circulación polo día achegan resultados contraditorios. En primeiro lugar, porque resulta de difícil aplicación práctica en contornos onde a necesidade desas luces é moi baixa (boa climatoloxía, días e noites equilibrados...). E en segundo lugar, porque están en dúbida os éxitos da súa política de seguridade: ao haber máis luces estas son menos importantes como identificadores de vehículos, agochan as luces de viraxe, reducen a visibilidade de motocicletas (que xa teñen por obriga levalas todo o tempo acesas) e ás veces poden ata cegar.

Porén, a maior parte dos estudos apuntan a que son positivas e que reducen a incidencia de accidentes.

Normativa

editar

Países nórdicos

editar

Os países nórdicos foron pioneiros na aplicación das luces de circulación polo día. Ten certa lóxica, xa que aló a luz ambiente é moito máis reducida mesmo durante o día, e tendo en conta que durante os invernos as horas de luz diúrna se reducen á mínima expresión. Ademais, a climatoloxía, presidida polas frecuentes nevaradas, axuda a un uso diúrno das luces de circulación.

As normas nestes países favoreceron ao comezo o uso de buxías de 21 vatios, semellantes ás empregadas nas luces de intermitencia ou nas luces de freado, colocadas nos extremos dos vehículos e que producían entre 400 e 600 candeas.

Resto de Europa

editar
  • 1989: Hungría
  • 2008?: España. As institucións de tráfico españolas estiveron a cavilar a implantación das luces de circulación diúrnas en 2008. Entenden que se poderían evitar entre un 2 e un 4% de accidentes e entre un 4 e un 8% de atropelos.

América

editar
  • 1990: Canadá
  • 1995: Estados Unidos. A partir desta data comezaron a comercializarse modelos co dispositivo de luces de circulación diúrnas, pero non é obrigatorio.

Ligazóns externas

editar