Luís Rubido Diéguez
xuíz e xornalista galego
Luís Rubido Diéguez, nado cara a 1894 e finado en San Pedro da Ramallosa (Nigrán) o 27 de setembro de 1991, foi un avogado, xuíz e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 |
Morte | 27 de setembro de 1991 (96/97 anos) A Ramallosa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1916.[1]. Dirixiu La Voz del Miñor. Foi xuíz da Cañiza, Bande e Ferrol, de onde foi nomeado delegado de Orde Pública en xullo de 1937. En 1939 foi xuíz en Vigo e posteriormente foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid (1955-1968). Finou en San Pedro da Ramallosa o 27 de setembro de 1991 con 97 anos.[2]
Vida persoal
editarCasou en Madrid con Fuensanta Velasco Graña en 1923,[3] e foi pai de Luis, Fuensanta, Carmen, Manuel, Rosario, María Luisa e Enrique Rubido Velasco.