Luís Cancela Vecino

profesor e político galego

Luís Cancela Vecino, nado en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños) en 1947 e finado en Carballo o 17 de maio de 2022, foi un mestre e político galego do BNG.[1]

Infotaula de personaLuís Cancela Vecino
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata
Vilanova de Santiso, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 2022 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Malpica de Bergantiños
1979 – 1991 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o menor de sete irmáns. Aos 10 anos enviárono ao Seminario Menor de Santiago de Compostela. Despois pasou ao Seminario Maior onde rematou os estudos de Teoloxía. Deixou o Seminario e fixo a carreira de Historia. Profesor do IES Monte Neme de Carballo, do que tamén foi director. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Malpica de Bergantiños, obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse como cabeza de lista polo BNG e volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta, ó igual que nas municipais de 1987. Nas municipais de 1991 revalidou a alcaldía sen maioría absouta. En xullo dese último ano cando presentou a dimisión.[2] Foi substituído de xeito provisional por Ricardo Seixo Fernández. Foi condenado por prevaricación pola Audiencia Provincial en 2001 a sete anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación.[3]


Predecesor:
José Antonio Seoane Vázquez
  
Alcalde de Malpica de Bergantiños
 
1979 - 1991
Sucesor:
Manuel Pardines Arcay

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar