Loxodrómica
Denomínase loxodrómica ou loxodromia (do grego λοξóς -oblicuo- e δρóμος -carreira, curso-) a liña que une dous puntos calquera da superficie terrestre cortando todos os meridianos co mesmo ángulo. A loxodrómica, por tanto, é fácil de seguir mantendo o mesmo rumbo marcado polo compás. A súa representación no mapa dependerá do tipo de proxección do mesmo; por exemplo, na de Mercator é unha recta. A loxodrómica é, xunto á ortodrómica e a isoazimutal, unha das tres liñas que poden trazarse entre dous puntos calquera da superficie do planeta.
Historia
editarO matemático portugués Pedro Nunes publicou no Tratado da navegação (1546) un descubrimento con grandes implicacións. Antes del críase que, marchando sobre a superficie terrestre cun rumbo fixo, é dicir, formando un ángulo constante coa meridiana, a liña percorrida era un círculo máximo. Dito con outras palabras, que un navío que seguise este camiño daría a volta ao mundo e volvería ao momento de partida. Nunes sinalou a falsidade deste concepto ao demostrar que a curva percorrida se ía achegando ao polo, ao redor do cal daba infinitas voltas, sen chegar nunca a el; ou, dito en linguaxe técnica, que ten o polo por punto asintótico.
Gráfico comparativo
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Navigational Algorithms Artigo: A derrota.
- Chart Work - Navigational Algorithms Software gratis: Loxodrómica, ortodrómica, ruta mixta, latitude aumentada, liñas de posición, correntes e navegación costeira.
- Mathworld Loxodrómica.