Louisa Garrett Anderson
Louisa Garrett Anderson, Orde do Imperio Británico, nada o 28 de xullo de 1873 e finada o 15 de novembro de 1943, foi unha médica e sufraxista, membro da Unión Social e Política de Mulleres (WSPU), unha organización fundada no Reino Unido en 1903 por Emmeline Pankhurst .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1873 Aldeburgh, Reino Unido (pt) |
Morte | 15 de novembro de 1943 (70 anos) Brighton, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | London School of Medicine for Women St Leonards School (en) |
Actividade | |
Ocupación | médica , escritora , biógrafa , cirurxián , suffragette |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pais | James George Skelton Anderson (en) e Elizabeth Garrett Anderson |
Irmáns | Alan Anderson (pt) |
Parentes | Millicent Fawcett () |
Premios | |
Era filla de Elizabeth Garrett Anderson, unha recoñecida pioneira médica. A súa tía, Millicent Fawcett era unha sufraxista británica. Anderson foi xefa de cirurxía do Women's Hospital Corps (WHC) e membro da Royal Society of Medicine.
Traxectoria
editarFoi unha das tres fillas de James George Skelton Anderson, da Peninsular and Eastern Shipping Company, e Elizabeth Garrett Anderson, a primeira muller inglesa cualificada como doutora en medicina, e cofundadora da London School of Medicine for Women.
Asistiu á St Leonards School en St. Andrews e á Royal Free Hospital Medical School for Women, onde exerceu a medicina.[1]
Sufraxista
editarEn 1912, foi condenada a seis semanas de traballos forzados, máis tarde reducidas a catro, por romper unha fiestra cun ladrillo. [2] Escribiu moitos artigos médicos e a biografía da súa nai en 1939.
Primeira guerra mundial
editarNa primeira guerra mundial serviu en Francia no Corpo Hospitalario de Mulleres creado por ela e a súa amiga e colega, tamén doutora, Flora Murray. Xuntas estableceron dous hospitais militares para o exército francés en París e Wimereux . Os seus plans foron inicialmente anulados polo exército británico, pero a principios de 1915 a Oficina de Guerra ofreceulles unha instalación no centro de Londres para establecer alí un hospital e continuar o seu traballo.[3]
Notas
editar- ↑ BBC page on Elizabeth Garrett Anderson
- ↑ Geddes, Jennian F. (en inglés). «Deeds and Words in the Suffrage Military Hospital in Endell Street.» Medical History. Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ Wellcome Library – Military Hospital at Endell Street.