Abrir o menú principal

Louis Feuillade ([fœjad]), nado en Lunel (Hérault) o 19 de febreiro de 1873 e finado en Niza o 25 de febreiro de 1925 foi un director cinematográfico francés da era muda.

Louis Feuillade
Louis Feuillade.jpg
Nome completoLouis Feuillade
Nacemento19 de febreiro de 1873
LugarLunel, Francia
Falecemento25 de febreiro de 1925 (52 anos)
LugarNiza, Francia
Causaperitonite
SoterradoHérault
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Cónxuxe(s)Jeanne-Leontine Jaujou (1895-)
ProfesiónDirector, guionista, produtor, xornalista, poeta
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Feuillade naceu en Lunel, fillo de Barthélémy Feuillade, modesto comerciante de viño, e Marie Avesque. Antes da adolescencia xa mostrou interese na literatura e creou numerosos proxectos de dramas e vodevís. Os seus poemas foron publicados en xornais locais e adquiriu sona polos seus artigos favorables á tauromaquia. Aos doce anos os seus pais enviárono ao seminario católico en Carcasona e entre 1891 e 1895 realizou o servizo militar obrigatorio. En 1902, trala morte dos seus pais marchou a París na busca do éxito literario, pero sufriu a miseria durante varios anos.

 
Escena de Fantômas

A principios de 1905 comezou a enviar guións á compañía Gaumont e á súa directora artística, Alice Guy, que compraron os seus guións e o invitaron a dirixilos el mesmo. Para axudar a súa familia, declinou a invitación para continuar traballando de xornalista. Porén, en 1906 gañara confianza abonda para dirixir as súas historias, a meirande parte comedias. Cando en 1907 Alice Guy marchou aos Estados Unidos suxeriu que Feuillade fose o novo director artístico da compañía. A súa primeira obra mestra foi a serie de 1913 Fantômas.

Traballou en Gaumont ata 1918 e ao mesmo tempo producía os seus propios filmes, polo que se estima que na súa carreira realizou uns oitocentos filmes.

FilmografíaEditar

  • 1906 The Magnitized Man, Le Coup de vent, Le Thé chez la concierge
  • 1907 Le Thé chez la concierge (filme máis antigo de Feuillade que se conserva)
  • 1908 La Légende de la fileuse
  • 1910-13 Bébé Apache - 1911 (aproximadamente noventa curtametraxes).
  • 1911 Heliogabale[1]
  • 1911-12 Serie La vie telle qu'elle est: la Tare - 1911 (14 filmes)
  • 1913-14 Serie Fantômas (5 filmes)
  • 1913-14 Serie Bout de Zan: Bout de Zan vole un éléphant - 1913
  • 1913-14 Serie La vie drôle: le Jocond (vodevís - 5 filmes)
  • 1915 Les vampires (10 episodios)
  • 1916 Judex (12 episodios)
  • 1918 Vendemiaire (dúas partes)
  • 1918 Tih Minh (12 episodes)
  • 1919 Barrabas (12 episodes)
  • 1921-22 Belle Humeur: Seraphin ou les jambes nues - 1921 (vodevís - 5 filmes)
  • 1922 Parisette (12 episodios)
  • 1923 Vindicta (5 actos)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar