Louis Botha

político sudafricano

Louis Botha (27 de setembro de 1862- 27 de agosto de 1919) foi un afrikaner e o primeiro en ser Primeiro Ministro no moderno estado de Suráfrica, entón chamado Unión Surafricana.

Infotaula de personaLouis Botha

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Greytown, Suráfrica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1919 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Pretoria, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe de 1918 e Gripe Editar o valor em Wikidata)
Prime Minister of South Africa (en) Traducir

← sen valor – Jan Smuts (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSouth African Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra bóer e Primeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnnie Botha
PaiLouis Botha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Louis Botha

Traxectoria editar

Foi membro do parlamento do Transvaal in 1897, representando ao distrito de Vryheid. Dous anos máis tarde foi feito xeral na segunda guerra anglo-bóer, loitando con impresionante capacidade en Colenso e Spion kop. Á morte de P. J. Joubert, foi nomeado Comandante en Xefe das forzas bóers de Transvaal, onde demostrou as súas habilidades novamente en Belfast-Dalmanutha. Logo da caída de Pretoria, conduciu unha concentrada campaña de guerrilla contra os británicos xunto con Koos de la Rey e Christiaan de Wet.

Despois traballou para alcanzar a paz cos británicos, representando aos Bóers nas negociacións de paz en 1902. O seu cartapacio de guerra tornouno nun prominente home na política de Transvaal e foi un actor principal na reconstrución de posguerra da súa terra, chegando a Primeiro Ministro de Transvaal o 4 de marzo de 1907. En 1911, xunto con outro heroe guerreiro Bóer, Jan Smuts, formou o Partido Surafricano, ou SAP. Amplamente visto como moi conciliador cos británicos, Botha enfrontou revoltas desde dentro do seu propio partido e da oposición do Partido Nacional de James Barry Munnik Hertzog. Cando Suráfrica alcanzou o status de dominio en 1910, Botha foi o primeiro Primeiro Ministro da Unión Surafricana.

Logo do comezo da primeira guerra mundial, enviou tropas para tomar a África do Suroeste Alemá (véxase: Campaña de África do Suroeste), unha impopular medida entre os Bóers, que provocou a Revolta dos Bóer.

Cara ao final da guerra conduciu brevemente unha misión militar británica a Polonia durante a Guerra Polaco-Soviética. Sostivo que os termos do Tratado de Versalles eran moi duros para as Potencia Centrais, aínda que subscribiu igualmente o tratado.