Lot in Sodom

filme de 1933 dirixido por James Sibley Watson

Lot in Sodom (Lot en Sodoma) é unha curtametraxe estadounidense muda de 28 minutos de duración, rodada en 1933, dirixida por James Sibley Watson e Melville Webber.

Lot en Sodoma
Ficha técnica
Título orixinalLot in Sodom
DirectorSibley Watson
Melville Webber
ProdutorRemsen Wood
Alec Wilder
Melville Webber
James Sibley Watson
Bernard O'Brien
IntérpretesFriedrich Haak
Hildegarde Watson
Dorthea House
Lewis Whitbeck
MúsicaLouis Siegel
FotografíaJames Sibley Watson
Estrea1933
Duración28 min.
OrixeEstados Unidos
Na rede
IMDB: tt0122158 Filmaffinity: 815493 Allocine: 44717 Allmovie: v255145 Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

Lot recibe na súa casa a visita dun anxo que acolle como hóspede na súa casa. Lot reside na cidade israelí de Sodoma, a cidade do pecado. Os seus habitantes, que teñen estabelecido unha especie de dereito de pernada con todo visitante forasteiro, queren ter relacións sexuais co anxo, pero Lot négase a cederllo aos seus veciños. Lot ofrece ás súas fillas e esposa como sacrificio ao seus veciños, para que cumpran con elas, pero estes, tras acceder ao ofrecemento de Lot, seguen empeñados en querer ter sexo co forasteiro.

O anxo dilles a Lot e á súa familia que fuxan da cidade, porque esta vai ser destruída polas chamas e que na súa fuxida, non miren para atrás. Mentres Sodoma é destruída, a dona de Lot, convértese en estatua de sal, por non lle ter seguido a instrución do anxo de non mirar atrás, dando a entender, nisto, que sentía certa saudade de Sodoma.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar