Lost Sounds foi unha banda de synth punk estadounidense procedente de Memphis, Tennessee. O grupo naceu en marzo de 1999 con Rich Crook á batería, Patrick Jordan ao baixo, e Jay Reatard e Alicja Trout nos sintetizadores, guitarras e voces. Orixinalmente tocaban garage rock e contaban con varios teclados analóxicos que Trout usara na súa anterior banda, The Clears. A peculiar combinación de sintetizadores new wave e guitarras mutiladas amosaron tamén influenzas do dark wave. Lost Sounds trataba frecuentemente temas escuros e apocalípticos que ían do Apocalipse ata o masacre de Columbine.

Lost Sounds
OrixeMemphis, Tennessee,
Período1999 - 2005
Xénero(s)garage rock, synth punk
Selo(s) discográfico(s)Empty Records, Big Neck Records, Contaminated Records, On/On Switch, In The Red, Goner Records, Fat Possum
MembrosJay Reatard
Alicja Trout
Rich Crook
Patrick Jordan
John Garland
Na rede
http://www.lostsounds.net
Last fm: Lost+Sounds Musicbrainz: 6f5a8a70-7b4c-456b-8efe-fe9d983d4773 Songkick: 97940 Discogs: 363992 Allmusic: mn0000041523 Editar o valor en Wikidata

O seu derradeiro concerto foi en maio de 2005 en Stuttgart. Rich Crook formou as bandas Lover! e THING.[1] Alicjia xirou con River City Tanlines, Black Sundaye Mouserocket, ademais de editar material en solitario. Jay Reatard, que estaba conseguindo unha exitosa carreira con Matador Records, morreu en xaneiro de 2011. Crook, Alicjia e o antigos membro de Lost Souls John Garland crearon Sweet Knives xunto co baixista Johnny Valiant recuperando vellas composicións.[2]

Discografía

editar

Álbums de estudio[3]

editar
Álbum Ano Selo
Black Wave 2001 Empty Records
Memphis Is Dead 2001 Big Neck Records
Outtakes & Demos Vol.1 2001 Contaminated Records
Rat's Brains & Microchips 2002 Empty Records
Demos II 2003 On/On Switch
Lost Sounds 2004 In The Red Recordings
Lost Lost 2012 Goner Records
  1. Victim of Time (ed.). "Rich Crook Launches Lover! at the Buccaneer". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  2. Big Neck Records (ed.). "Sweet Knives". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  3. Discogs (ed.). "Lost Sounds". Consultado o 21 de marzo de 2018.