Los Deportes
Los Deportes foi unha revista editada en Vigo en 1927.
Los Deportes | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1927 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarRevista semanal deportiva, apareceu o 31 de outubro de 1927. Estaba dirixida por Ramón Fernández Mato.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Rienzi, José Vidal, Allatnas, Arturo, Peña Novo, Olímpico, A. C. Lema e Zas‐Bun. Semanario ilustrado ideado por El Pueblo Gallego como o seu órgano deportivo. Foi tomada por referencia nos anos seguintes. Mostra a unión entre cultura, deporte e alta clase social naquel tempo. Publicou artigos pseudocientíficos sobre os beneficios do deporte, e tiña unha páxina destinada á high-life, nunha mestura de prensa de corazón e xornal deportivo. A súa vida foi curta, o último número apareceu o 26 de decembro dese ano.
Notas
editar- ↑ "Prensa viguesa. Periódicos y periodistas", El Pueblo Gallego, 5-8-1928, p. 7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Tese de doutoramento de Gerardo Vázquez Morandeira.