Los Angeles Sparks

Os Los Angeles Sparks son un equipo profesional de baloncesto con base na cidade dos Ánxeles (California). Xogan na Conferencia Oeste da Women's National Basketball Association (WNBA). O equipo foi fundado antes do comezo da tempada inaugural de 1997. Os Sparks non están afiliados a ningún equipo da NBA, pero comparten mercado cos Los Angeles Lakers e os Los Angeles Clippers.

Los Angeles Sparks
Conferencia Conferencia Oeste
Fundado en 1997
Historia Los Angeles Sparks
1997–presente
Pavillón Staples Center
Cidade Os Ánxeles (California)
Cores Verde azulado, púrpura e dourado
              
Propietario(s) Sparks LA Sports, LLC
Magic Johnson
Mánager xeral Penny Toler
Adestrador Derek Fisher
Campionatos 3 (2001, 2002, 2016)
Títulos de conferencia 3 (2001, 2002, 2003)
Web Oficial

Os Sparks clasificáronse para os Playoffs en 14 dos seus 18 anos nos Ánxeles. Nos anos 2001, 2002 e 2003, os Sparks chegaron ás Finais da WNBA, e conseguiron o título nas dúas primeiras ocasións, derrotando a Charlotte e New York, respectivamente.

Pavillóns

editar

Equipo técnico

editar

Propietarios

editar
  • Jerry Buss, propietario dos Los Angeles Lakers (1997–2006)
  • Gemini Basketball LLC, composto por Carla Christofferson, Kathy Goodman e Lynai Jones (2007–2011)
  • Williams Group Holdings (Paula Madison) (2011-2014)[1] e Carla Christofferson, Kathy Goodman e Lisa Leslie (2011–2013)
  • Guggenheim Partners (Mark Walter, Magic Johnson, Stan Kasten, Todd Boehly e Bobby Patton) (2014–presente)[2]

Adestradores principais

editar
Adestradores dos Los Angeles Sparks

Directores xerais

editar
  • Rhonda Windham (1997–1999)
  • Penny Toler (2000–presente)

Adestradores asistentes

editar

Tempadas

editar
  1. "Los Angeles Sparks 2012 Media Guide" (PDF). Los Angeles Sparks. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2013. Consultado o 10 de abril de 2015. 
  2. "Sparks bought by investment group led by Magic Johnson and Mark Walter". 4 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar