Lorenzo Villanueva Irure

futbolista español

Lorenzo Villanueva Irure, nado en Pamplona o 31 de xaneiro de 1956, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Lorenzo Villanueva
Información persoal
Nome Lorenzo Villanueva Irure
Nacemento 31 de xaneiro de 1956 (68 anos)
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1.70 metros
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1980 Recreativo 16 (4)
1981–1982 Deportivo da Coruña 10 (0)
1982–1983 Alavés 35 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de setembro de 2011.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1979–80 xogou no Recreativo de Huelva en Segunda División, participando en 16 partidos e anotando 4 goles.

Na tempada 1981–82 foi xogador do Deportivo da Coruña, xogando un papel secundario no conxunto branquiazul. Participou en 10 encontros e a súa titularidade estivo condicionada polo papel dos centrocampistas titulares José Luis Vara, Juan Moreno, Agustín Peralta ou Fernando Muñoz.

Na tempada 1982–83 fichou polo Deportivo Alavés, facéndose un oco no once titular, aínda que descendendo ao final da campaña a Segunda División B.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar