Lorenzo Íñigo Granizo
Lorenzo Íñigo Granizo, nado en Ledanca (Guadalaxara), en 1911 e finado en Madrid en 1991, foi un militante anarcosindicalista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Ledanca, España (pt) |
Morte | 30 de abril de 1991 (79/80 anos) Madrid, España |
Secretario Xeral da CNT | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de |
Traxectoria
editarEmigrou cos seus pais e os seus oito irmáns a Madrid en 1916. Alí comezou a traballar con dez anos, tras quedar orfo de pai ós nove.
En 1931 entra no sindicato do Metal da Confederación Nacional do Traballo e nas Juventudes Libertarias, así como na Federación Anarquista Ibérica. Foi elixido Secretario Xeral da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias no Congreso de Valencia de 1938, e conselleiro de Industria na Xunta de Defensa de Madrid.
Terminada a Guerra Civil española pasou por varios campos de concentración e prisións. En 1945 quedou libre, reincorporándose á loita clandestina. Desde marzo de 1946 foi Secretario Xeral da CNT no interior, ata abril dese mesmo ano, cando foi detido e condenado a 15 anos de prisión. Desde 1965 foi un dos animadores do chamado cincopuntismo, e como tal participou nas reunións con algúns xerarcas do sindicato vertical do franquismo. Mantívose nesa liña nos anos seguintes.
Predecesor: Ángel Morales Vázquez |
Secretario Xeral da CNT marzo - abril 1946 |
Sucesor: Enrique Marco Nadal |
Véxase tamén
editarBibliografías
editar- Angel Herrerín, "La CNT y el Sindicato Vertical. La quimera de la libertad sindical con Franco", artigo en Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, Historia Contemporánea, t. 13, 2000, páxs. 125-168
Ligazóns externas
editar- Nota biográfica en páxinas de Ateneu Llibertari Estel NegreArquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)