Lopo de Friúl
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Lupo (? – 663 / 666) foi duque longobardo de Friúl, desde o 662 ao 663.
Lopo de Friúl | |
---|---|
Nacemento | século VIxuliano |
Falecemento | 666 |
Causa | morto en combate |
Ocupación | aristócrata |
Fillos | Arnefrido de Friúl e Theuderata von Friaul |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Nada máis chegar ao trono, atacou cun grupo de xinetes a illa de Grado, onde residía o patriarca católico que se opuña ao tricapitolino de Aquileia, depredou a illa e levou a Aquileia os tesouros do patriarcado.
Cando, a finais do 662 ou ao principio do 663, o rei Grimoaldo, fillo do predecesor de Lupo Xisulfo II, partiu para Benevento, confiou ao duque o seu pazo en Pavia. Alí Lupo comportouse "con insolencia" (conta Paulo Diácono na súa Historia Langobardorum) pensando que o rei non volvería da expedición á Langobardia Minor. Ao regreso de Grimoaldo, en cambio, Lupo foi obrigado a volver a Cividale, onde se rebelou contra o rei. O soberano, que no quería a desencadear unha guerra civil, pediulle ao rei dos ávaros que atacase o ducado rebelde; a batalla durou catro días e terminou coa morte de Lupo. Á sucesión no trono ducal aspirou inutilmente o seu fillo Arnefrido.
Os superviventes encerráronse en varios castelos; os invasores devastaron o Friúl por días, ata que Grimoaldo lles pediu que puxesen fin ás súas devastacións. Os ávaros, porén, rexeitaron retirárense: o rei, neste punto, marchou cara o Friúl contra eles, que, ao se sentiren ameazados, volveron á Pannonia.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).