Longinqua
Longinqua (en galego, Do remoto), foi unha encíclica escrita polo papa León XIII, e datada o 6 de xaneiro de 1895.
ContidoEditar
É unha encíclica de contido social, dirixida aos católicos dos Estados Unidos. Nela volta ao tema do sindicalismo, que León XIII xa tratara na encíclica Rerum Novarum. A diferenza desta, onde avogaba por crear sindicatos só de católicos, que deran cabida tanto a empresarios como a obreiros, nesta nova encíclica mantén a tese dos sindicatos só católicos, pero permítelles aos obreiros católicos estadounidenses que formen e se afilien a sindicatos que acollen traballadores de distintas confesións.