London Overground

O London Overground (tamén coñecido simplemente como o Overground) é unha rede de ferrocarril suburbano do Reino Unido. Foi creada en 2007, e serve no Gran Londres e parte de Hertfordshire, con 112 estacións espalladas por diversas rutas.[1] Forma parte da rede de National Rail, aínda que baixo o control e imaxe de marca de Transport for London (TfL). A franquía que o opera, London Overground Rail Operations (LOROL), é unha joint venture entre Arriva UK Trains e MTR Corporation .[2]

Logotipo do London Overground

TfL tenlle asignado ao Overground a cor corporativa laranxa coa súa respectiva versión do "TfL roundel" para a representación das súas liñas no mapa do metro, en interiores dos trens e outras localizacións.[3]

Historia editar

Lanzamento editar

 
Rede do Overground inicial: desde novembro 2007 (laranxa) e a liña do leste de Londres en 2010 (laranxa lixeira).[4]

O 11 de novembro de 2007, TfL colleu o relevo da franquía para as rutas do Ferrocarril do Norte de Londres, anteriormente operado por Silverlink Metro[5].

A cerimonia de estrea oficial foi o 12 de novembro de 2007 na estación de Hampstead Heath polo Alcalde de Londres, Ken Livingstone, recibido polos medios de comunicación na praia de vías de Willesden Junction.

Servizos editar

 
Mapa da rede após as últimas ampliacións de 2015
Frecuencias de rutas actuais
Rutas Frecuencia (por hora) Depósito(s) Frota
Leste de Londres
4 Highbury & Islington – West Croydon 4 Highbury & Islington – Crystal Palace 4 Dalston Junction – New Cross 4 Dalston Junction – Clapham Junction
New Cross Gate
Clase 378 Electrostar
Norte e Oeste de Londres
4 Richmond – Stratford 2 Clapham Junction – Stratford 2 Clapham Junction – Willesden Junction (Stratford en horas punta)
Willesden TMD
Watford Local
3 Londres Euston – Watford Junction
Gospel Oak  – Barking
4 Gospel Oak – Barking Clase 172 Turbostar
London Liverpool Street   -Enfield Town /Cheshunt


4 (punta), 2 (val) London Liverpool St. – Enfield Town 2 London Liverpool St. – Cheshunt


Ilford TMD Chingford Apts.

Gidea Par Apts.

Clase 315, Clase 317
London Liverpool St. -Chingford


London Liverpool St. – Chingford
Romford – Upminster 2 Romford – Upminster
 
O "roundel" e letreiro coa cor e tipografía corporativas en 3D na estación de Shadwell

Notas editar

  1. Matters, Transport for London. "Introducing London Overground - a new era for London Rail". Transport for London. Consultado o 2016-08-22. 
  2. "LOROL: London Overground Rail Operations Ltd (LOROL)". www.lorol.co.uk. Consultado o 2016-08-22. 
  3. "Colour standard (Cores estándar)" (PDF). Transport for London. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2016. Consultado o 2016-08-22. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  5. "Terms of transfer relating to transfer of the Silverlink Metro Network" (PDF). Department for Transport. (Gov.UK). Consultado o 2016-08-22. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar