A loita senegalesa (en wolof: laamb;[1] en serer: njom; en bambara: Siɲɛta) é un deporte tradicional moi popular no Senegal, sobre todo nas rexións de Sine-Saloum e de Casamance. Tamén se practica en Gambia. A forma tradicional senegalesa permite empregar as mans (frappe), a única en África Occidental que o fai. Como a confederación e o campionato de loita tradicional desenvolveuse na década de 1990, os loitadores senegaleses practican ámbalas formas, chamadas oficialmente Lutte Traditionnelle sans frappe (na versión internacional) e Lutte Traditionnelle avec frappe.[2]

Loita senegalesa, Paris-Bercy, 2013
Combate no estadio Demba Diop de Dacar.

Notas editar

  1. Pcpa Samba, Diop (2010). L'Harmattan, ed. Glossaire du roman sénégalais (en francés). París. p. 328. ISBN 2-296-11508-X. 
  2. Government of Senegal: COMITE NATIONAL DE GESTION DE LA LUTTE Arquivado 07 de maio de 2006 en Wayback Machine..