Lluís Dalmau
Lluís Dalmau, poida que nado en Valencia e finado en Barcelona contra o 1460, foi un pintor gótico, é unha das figuras emblemáticas do gótico catalán que traballaría ao servizo da coroa durante o reinado de Afonso o Magnánimo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1428 Valencia (Coroa de Aragón) |
Morte | c. 1461 (32/33 anos) Barcelona |
Pintor de cámara | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | sen valor |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Pintura gótica |
Lingua | Lingua catalá |
Mecenas | Afonso V de Aragón Consell de Cent |
Obra | |
Obras destacables
|
Dalmau e o Gótico Internacional
editarPor encargo do rei Afonso IV fixo unha viaxe a Flandres e a algunhas das provincias holandesas entre 1431 e 1436. Alí entrou en coñecemento directo coa pintura flamenga, especialmente con Jan van Eyck. Isto constituíu un acontecemento decisivo para a chegada do estilo gótico internacional a Cataluña e a introdución da técnica da pintura ao óleo. Porén no conxunto da Coroa de Aragón, desde 1438 está asentado en Valencia un discípulo directo de Jan Van Eyck, Lluís Alimbrot, a través do cal recibiría Jacomart as leccións da escola flamenga.
Obras
editarMalfadadamente só se conservan dúas obras de Dalmau, que consten con sostén documental:
- o retablo da Virxe dos Consellers (Mare de Déu dels Consellers) (1443-1445), un encargo do Consell de Cent para a capela da casa do concello da cidade de Barcelona;
- a táboa central do Retablo de san Baudilio (Retaule de Sant Baldiri), de (1448), para a igrexa parroquial de Sant Boi de Llobregat.
Obra atribuída
editarTamén se atribúe a Dalmau a decoración da bóveda do nicho da tumba de Santa Ximenis de Cabrera na catedral de Barcelona. Ademais hai documentos que proban que contratou retablos para Santa María del Mar, para a capela de Sant Elm e o convento de Santa Clara en Barcelona e aínda outro máis para Mataró.