Virxe dos Consellers
Virxe dos Consellers (en catalán: Mare de Déu dels Consellers) é unha táboa pintada ó óleo polo artista Lluís Dalmau en 1445 e que se atopa no Museo Nacional de Arte de Cataluña en Barcelona. Amosa os cinco concellers do goberno municipal de Barcelona arredor da Virxe entronizada co Neno Xesús e presentados por santa Eulalia e santo André. Representa unha devota homenaxe dos conselleiros da Virxe como se se tratase dunha sacra conversazione.[1] O uso da técnica do oli de llinosa, a capacidade retratista e a incorporación da paisaxe como un fonde son unha manifestación da inspiración na pintura flamenga de Jan van Eyck, de quen Dalmau é considerado un discípulo, especialmente da Virxe do canónigo Van der Paele. Está considerada como unha das primeiras obras que introducen o concepto do retrato, tal como especificaba o contrato da obra, e é tamén innovadora en Cataluña na aplicación da técnica do aceite facendo servir o retablo como soporte.[2]
Virxe dos Consellers | |
---|---|
Artista | Lluís Dalmau |
Data | 1445 |
Técnica | Óleo sobre retablo |
Dimensións | 311 cm × 311,5 cm |
Localización | Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) |
Notas
editar- ↑ Molina, p. 193
- ↑ Manote i Ruiz, p.110
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virxe dos Consellers |