Llanito

variedade do castelán falado en Xibraltar

Llanito ou Yanito é unha variedade do castelán andaluz falada polos habitantes de Xibraltar. Consiste principalmente nunha mestura do inglés e o castelán comparable co spanglish,[1] que mestura o inglés británico e o dialecto andaluz. O llanito tamén ten máis de 500 termos léxicos procedentes do xenovés, o hebreo, o árabe, o portugués e o maltés.[2][3] Llanito é tamén un xentilicio agarimoso para os habitantes do territorio antes mencionado.

A orixe do termo é incerto. Hai quen se inclinan a pensar que vén do nome propio "John" (agarimosamente "Johnny"), moi común na lingua inglesa, ou ben aos moitos "Giovanni" (agarimosamente "Gianni") da colonia xenovesa que habitaba o territorio, ou ben unha denominación en ton irónico por parte da poboación andaluza da zona que rodea o Campo de Xibraltar, aludindo precisamente ao pouco chan ou escarpado do terreo do Peñón. O termo curto Llanis tamén é empregado pola poboación de Xibraltar, onde se pode escoitar en todo o territorio e con orgullo en cancións durante o Día Nacional de Xibraltar.

Notas editar

  1. O spanglish é a fala ou argot falado polas comunidades inmigrantes en certas cidades estadounidenses e é unha mestura entre o inglés estadounidense e o castelán mexicano ou caribeño. En todo caso ambas variedades son completamente diferentes, ademais de ter diferenzas no acento ou pronunciación.
  2. "El cambio de código, like a Rock". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 08 de decembro de 2020. 
  3. Ethnologue - Gibraltar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vallejo, Tito. "Online Llanito dictionary". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2020. 
  • Manuel Cavilla, OBE (1978). Diccionario Yanito (en castelán). MedSUN (Mediterranean SUN Publishing Co Ltd) - Xibraltar.