Llanfair Pwllgwyngyll
Coordenadas: 53°13′N 4°12′O / 53.22, -4.20
Llanfair Pwllgwyngyll[1] ou por motivos publicitarios Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch ( pronunciación (axuda · info) [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito.
Llanfair Pwllgwyngyll | |
---|---|
![]() | |
Cartel na plataforma da estación, cunha pronunciación "aproximada" para os anglófonos | |
Localización | |
País | ![]() |
Nación Constituínte | ![]() |
Rexión | Gwynedd |
Condado | Anglesey |
Demografía | |
Poboación | 3 107 hab. (2011) |
Densidade | hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | LL61 |
www.cardiff.gov.uk |
Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.
Topónimo Editar
O nome da localidade non pode ser considerado un topónimo auténtico en lingua galesa. Foi xerado artificialmente na década de 1860, para outorgar á estación local a honra de ter inscrito o maior nome do Reino Unido, constituíndo un dos golpes publicitarios mais antigos.
Gorsafawddacha'idraigodanheddogleddollônpenrhynareurdraethceredigion (68 letras), era o nome doutra estación de tren, nomeada para rivalizar co nome desta localidade.
O nome significa "Igrexa de Santa María no val da abeleira branca próximo a un remuíño rápido e da Igrexa de San Tisilio da gruta vermella".
A súa variante oficial de Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch consta como o topónimo máis longo do Reino Unido e o terceiro máis longo do mundo.
Nos sinais das estradas, a localidade encóntrase sinalada como Llanfairpwllgwyngyll. Nos mapas, encontra-se como Llanfair Pwllgwyngyll e os seus habitantes chámana Llanfairpwll ou soamente Llanfair.
Na localidade existe un club de fútbol de nome Clwb Pêl Droed Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch Football Club.[2]
Galería Editar
- Imaxes de Llanfair
-
-
-
-
-
-
-
-
Notas Editar
- ↑ "Lleoedd Safonol Cymru". Comisiynydd y Gymraeg.
- ↑ sitecuriosidades.com, ed. (15 de xuño de 2014). "Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llanfair Pwllgwyngyll |
Outros artigos Editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |