Llanfair Pwllgwyngyll[1] ou por motivos publicitarios Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch (Cy-Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.ogg pronunciación [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito.

Modelo:Xeografía políticaLlanfair Pwllgwyngyll
Llanfair pwllgwyngyll (cy) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°13′24″N 4°11′58″O / 53.22333, -4.19944Coordenadas: 53°13′24″N 4°11′58″O / 53.22333, -4.19944
EstadoReino Unido
PaísGales
Área principalIsle of Anglesey (en) Traducir
ComunidadeLlanfair Pwllgwyngyll Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.107 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude38 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalLL61 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01248 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Y
Ie (en) Traducir
Enna Editar o valor em Wikidata

Páxina webllanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.co.uk Editar o valor em Wikidata

Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.

Topónimo editar

O nome da localidade non pode ser considerado un topónimo auténtico en lingua galesa. Foi xerado artificialmente na década de 1860, para outorgar á estación local a honra de ter inscrito o maior nome do Reino Unido, constituíndo un dos golpes publicitarios mais antigos.

Gorsafawddacha'idraigodanheddogleddollônpenrhynareurdraethceredigion (68 letras), era o nome doutra estación de tren, nomeada para rivalizar co nome desta localidade.

O nome significa "Igrexa de Santa María no val da abeleira branca próximo a un remuíño rápido e da Igrexa de San Tisilio da gruta vermella".

A súa variante oficial de Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch consta como o topónimo máis longo do Reino Unido e o terceiro máis longo do mundo.

Nos sinais das estradas, a localidade encóntrase sinalada como Llanfairpwllgwyngyll. Nos mapas, encontra-se como Llanfair Pwllgwyngyll e os seus habitantes chámana Llanfairpwll ou soamente Llanfair.

Na localidade existe un club de fútbol de nome Clwb Pêl Droed Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch Football Club.[2]

Galería editar

Notas editar

  1. "Lleoedd Safonol Cymru". Comisiynydd y Gymraeg. 
  2. sitecuriosidades.com, ed. (15 de xuño de 2014). "Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.