Residuo nuclear

(Redirección desde «Lixo nuclear»)

Os residuos radioactivos, ou residuos nucleares, son substancias que conteñen elementos químicos radioactivos que non teñen un propósito práctico. É frecuentemente o subproduto dun proceso nuclear como a fisión nuclear. O residuo tamén pode xerarse durante o procesamento de combustible para os reactores o armas nucleares o nas aplicacións médicas como a radioterapia ou a medicina nuclear.

Tipos de residuos radioactivos

editar
  • Residuos de alta actividade: son os que emiten altas doses de radiación. Están formados, fundamentalmente, polos restos que quedan das varillas do uranio que se usan como combustible nas centrais nucleares e outras substancias que están no reactor e por residuos de armas atómicas. Tamén algunhas substancias que quedan no proceso mineiro de purificación do uranio son incluídas neste grupo. Nas varillas de combustible gastado dos reactores, atópanse substancias como o plutonio 239 (vida media de 24 400 anos), o neptunio 237 (vida media de 213 0000 anos) e o plutonio 240 (vida media de 6 600 anos). Enténdese que o almacenamento deste tipo de residuos debe ser garantido por decenas de miles de anos ata que a radioactividade baixe o suficiente como para que deixe de ser perigoso.
  • Residuos de media ou baixa actividade: emiten cantidades pequenas de radiación. Están formados por ferramentas, roupas, pezas de reposto, lodos etc. das centrais nucleares e de universidades, hospitalais, organismos de investigación, industrias, etc.

Residuos producidos nas centrais nucleares

editar

O desmantelamento das centrais nucleares produce grandes cantidades de residuos radioactivos dos dous tipos. As centrais envellecen en 30 ou 40 anos e deben ser desmontadas. Os materiais da zona do reactor son residuos de alta actividade en gran parte, e outros moitos son de media ou baixa actividade.