Little Joe II foi o nome dunha serie de foguetes da NASA para facer probas suborbitais con cápsulas do proxecto Apollo.[1][2][3]

Little Joe II engalando o 8 de decembro de 1964.

Características

editar

Os foguetes Little Joe II usáronse para probar as cápsulas do proxecto Apollo e en particular a torre de escape que debía poñer a salvo ao astronauta se algo ía mal durante a engalaxe, de igual xeito que os Little Joe se usaron para o mesmo fin coas cápsulas do proxecto Mercury. Os Little Joe II estaban deseñados por General Dynamics e usaban entre seis e nove motores de propelente sólido. Tiñan unhas dimensións de 26,20 m de altura e 3,96 m de diámetro e podían enviar as cápsulas Apollo en voos suborbitais ata a 23 km de altura.[1][2][3]

Lanzáronse catro Little Joe II entre 1963 e 1966, fallando un deles.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

editar
Voo[1][2][3] Data[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
1 28 de agosto de 1963 QTV Éxito
2 13 de maio de 1964 BP 12 Éxito
3 8 de decembro de 1964 BP 23 Éxito
4 19 de maio de 1965 BP 22 Fallo
5 20 de xaneiro de 1966 CM 002 Éxito Último lanzamento dun Little Joe II
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2023). "Little Joe II" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Little Joe-1" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Little Joe-2" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar