Little Joe foi o nome dunha serie de foguetes da NASA para facer probas suborbitais con cápsulas do proxecto Mercury.[1][2][3]

Little Joe 1B engalando o 21 de xaneiro de 1960.

Características

editar

Os foguetes Little Joe usáronse para probar as cápsulas do proxecto Mercury e en particular a torre de escape que debía poñer a salvo ao astronauta se algo ía mal durante a engalaxe. Os Little Joe eran foguetes relativamente pequenos, de 15,20 m de altura e 2,03 m de diámetro e que, segundo a versión, usaban seis ou oito motores. Podían enviar as cápsulas Mercury en voos suborbitais de ata 89 km de altura.[1][2][3]

Lanzáronse sete Little Joe entre 1959 e 1961, tres deles con fallos, máis un Little Joe que fallou ao principio pola ignición en terra da torre de escape.[1][2][3]

Unha versión máis grande dos Little Joe, os Little Joe II, usáronse para probas similares do proxecto Apollo.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

editar
Voo[1][2][3] Data[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
1 21 de agosto de 1959 Little Joe 1 Fallo Activación da torre de escape antes do lanzamento.
2 4 de outubro de 1959 Little Joe 6 Éxito
3 4 de novembro de 1959 Little Joe 1A Fallo
4 4 de decembro de 1959 Little Joe 2 Éxito
5 21 de xaneiro de 1960 Little Joe 1B Éxito
6 8 de novembro de 1960 Little Joe 5 Fallo parcial
7 18 de marzo de 1961 Little Joe 5A Éxito
8 28 de abril de 1961 Little Joe 5B Fallo parcial Último lanzamento dun Little Joe
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2023). "Little Joe" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Little Joe-1" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Little Joe-2" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar