Litoria spenceri

especie de ra australiana da familia Hylidae

Litoria spenceri é unha especie de ra australiana da familia Hylidae.

Litoria spenceri
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Xénero: Litoria
Especie: Litoria spenceri
Dubois, 1984
En vermello o territorio de L. spenceri
En vermello o territorio de L. spenceri

En vermello o territorio de L. spenceri
Sinonimia
  • Hyla maculata Spencer, 1901 nec Gray, 1830
  • Litoria maculata (Spencer, 1901)

Descrición editar

O macho adulto ten uns 50 mm de longo; a femia 60 e o cágado (antes da metamorfose) 40. Os cágados son de cor marrón escura con manchas negras e aletas salpicadas de marrón. Os adultos teñen un dorso verrugoso, son verdes ou marróns. O ventre é de cor branca ou amarela clara. Os dedos das extremidades anteriores están lixeiramente palmedos, e os das inferiores estano totalmente.[2] [3][4]

Reprodución editar

A femia pon entre 200 e 1 000 ovos adheridos á parte inferior de pedras e rochas na auga a finais da primavera ou principios de verán. Os cágados chegan á metamorfose a finais do verán ou principios do outono. [5][6][7]

Alimentación editar

Os adultos aliméntanse dunha ampla gama de insectos voadores, mentres que os cágados comen algas filamentosas e detritos bentónicos.[8][9]

Hábitat editar

Vive nunha ampla variedade de comunidades vexetais de bosques de montaña, secos ou húmidos, entre 200 e 1 100 m de altitude, e inclúen regatos, ríos, pantanos e fervenzas.[10][11][12]

Distribución xeográfica editar

Atópase en Australia: desde o lago Eildon (Victoria) ata o Monte Kosciuszko (Nova Gales do Sur).[10][13][14][15]

Costumes editar

É moi sedentaria e non acostuma a afastarse do lugar onde vive: a maioría dos adultos non se aventuran alén de 80 m do seu lugar habitual.[5]

Estado de conservación editar

Está ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural (dragados de ríos onde vive, construción de camiños forestais, perturbacións humanas etc.), a fragmentación da súa poboación, as infeccións por fungos,[16] o escaso territorio que ocupa (menos de 15 000 km²) e a introdución de especies exóticas (como o peixe Gambusia,[3] a troita Oncorhynchus mykiss e a troita Salmo trutta), os cales deprendan con avidez as larvas desta ra.[17][18][19][20][21][12]

Notas editar

  1. "Litoria spenceri". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2004. Consultado o 21 May 2014. 
  2. Frogs of Australia Arquivado 11 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. 3,0 3,1 Australian Frog Database Arquivado 25 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. Threatened Species Information - National Parks and Wildlife Service of New South Wales (en inglés)
  5. 5,0 5,1 Gillespie, G.R., (1997). The Biology of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri) and Examination of Factors Responsible for Population Declines. Unpublished Report to the Biodiversity Group, Environment Australia, Canberra.
  6. Gillespie, G.R., 2001. The Biology of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri). Unpublished Ph.D Thesis, University of Melbourne, Victoria.
  7. Watson, G.F., Littlejohn, M.J., Hero, J.-M. i Robertson, P., 1991.
  8. Ehmann, H., Ehmann, J. i Ehmann, N., (1992). The rediscovery of the endangered Spotted Tree Frog (Litoria spenceri) in New South Wales and some subsequent findings. Herpetofauna, 22(2), 21-24.
  9. AmphibiaWeb (en inglés)
  10. 10,0 10,1 Amphibian Species of the World 5.4 (en inglés)
  11. Gillespie, G.R. e Hollis, G.J., (1996). Distribution and habitat of the Spotted Tree Frog Litoria spenceri Dubois (Anura: Hylidae), and an assessment of potential causes of population declines. Wildlife Research, 23, 49-75.
  12. 12,0 12,1 IUCN (en inglés)
  13. Gillespie, G.R., 1993. Distribution and Abundance of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri) in Victoria. Unpublished Report to the Australian National Parks and Wildlife Service, Endangered Species Unit, Canberra.
  14. Hero, J.-M., 1990. The Status of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri) in the Mount Murray Forest Block. Unpublished Report to the Department of Conservation and Environment, Victoria.
  15. Hunter, D. e Gillespie, G.R., (1999). The distribution, abundance and conservation status of riverine frogs in Kosciusko National Park. Australian Zoologist, 31, 198-209.
  16. Berger, L., Speare, R., Daszak, P., Green, D. E., Cunningham, A. A., Goggin, C. L., Slocombe, R., Ragan, M. A., Hyatt, A. D., McDonald, K. R., Hines, H. B., Lips, K. R., Marantelli, G. e Parkes, H., 1998. "Chytridiomycosis causes amphibian mortality associated with population declines in the rain forests of Australia and Central America." Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, 95(15), 9031-9036.
  17. Gillespie, G.R., (2001). The role of introduced trout in the decline of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri) in south-eastern Australia. Biological Conservation, 100, 187-198.
  18. Gillespie, G. e Hero, J.-M., (1999). Potential impact of introduced fish and fish translocations on Australian amphibians. Declines and Disappearances of Australian Frogs. A. Campbell, eds., Environment Australia, Canberra, 131–144.
  19. Gillespie, G.R. e Hollis, G.J., (1996).
  20. Gillespie, G.R. e Hines, H.B., 1999. Status of temperate riverine frogs in south-eastern Australia. Declines and Disappearances of Australian Frogs. A. Campbell, eds., Environment Australia, Canberra, 109-130.
  21. Watson, G.F., Littlejohn, M.J., Hero, J.-M. e Robertson, P., 1991. Conservation Status, Ecology and Management of the Spotted Tree Frog (Litoria spenceri). Arthur Rylah Institute for Environmental Research, Department of Conservation and Environment, Melbourne.