Grafila

adorno exterior dunha moeda
(Redirección desde «Listel (moeda)»)

A grafila dunha moeda é a parte elevada que rodea completamente o seu contorno por ambas as caras, o anverso e o reverso. Cómpre non confundila co canto da moeda, coñecido tamén como "terceira cara".[1][2][3][4] A grafila aparece adoito adornada con puntiños, liñas e outras figuras.[5][6][7]

Anverso dunha moeda sasánida con gráfila de puntos
Disco sen cuñar, rodeado só por unha grafila continua ou listel

Cando carece destes adornos e se limita a unha liña continua polo bordo exterior do disco denomínase adoito listel.[8][9]

Coa presenza da grafila redúcese o desgaste tanto dos motivos gravados como do propio campo ou parte lisa da moeda. Ademais da protección contra o desgaste, a grafila tamén ten como misión evitar a práctica fraudulenta do retallamento, mediante o cal, sobre todo antigamente nas moedas de prata e ouro, se lles extraían pequenas porcións de metal limando ou recortando os cantos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Grafila". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. "Grafila". En As partes dunha moeda. Portal das Palabras.
  3. "Gráfila". En Alfaro Asins, C. (2009).
  4. "What is the Difference Between the Edge and the Rim of a Coin?". The Spruce Crafts.
  5. "Gráfila de puntos". En Alfaro Asins, C. (2009).
  6. "Gráfila lineal". En Alfaro Asins, C. (2009).
  7. "Gráfila perlada". En Alfaro Asins, C. (2009).
  8. "Listel". En Alfaro Asins (2009).
  9. "Listel" no DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar