Lipdub ou lip dub (do inglés "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Adóitase realizar nunha soa toma (plano secuencia), na que os participantes fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil, sen importar a calidade do son da toma porque é na edición posterior cando se incorpora a canción como banda sonora. O feito de que se trate dun plano secuencia fai moi sinxelo o proceso. Con estes vídeos, os seus autores, amais de realizaren de xeito colectivo unha experiencia creativa, moi divertida e sen complicacións técnicas, adoitan tratar de mostrar o bo ambiente nunha institución determinada: universidade, empresa etc.

Actualmente o récord mundial de máis xente participando nun lip dub é o LipDub per la independència[1][2] , realizado o 24 de outubro de 2010 na cidade de Vic. Participaron 5.771 persoas, segundo a World Records Academy. A canción escollida foi La Flama, do grupo Obrint Pas.[3]

Características editar

Tom Johnson, un blogueiro especialista en tecnoloxía e comunicación, describiu que as características mínimas que debía que ter un bo lip dub eran:[4]

  • Espontaneidade: É a característica máis importante. Non se trata de algo preparado nin con decorados.
  • Autenticidade: A xente e as situacións deben semellar reais.
  • Participativo: O vídeo mostra un grupo de persoas facendo un esforzo colectivo.
  • Humor: a xente mostra unha actitude divertida.

A parte disto, para poder cualificado de lip dub, un vídeo respectará certas regras:

  • ser rodado nun só plano secuencia;
  • posuír unha ou varias cancións, orixinais ou reinterpretadas;
  • mostrar unha ou diversas persoas cantando a canción;

Orixe editar

Jakob Lodwick, o fundador de Vimeo, encuñaba o termo lip dubbing (dobraxe de labios) o 14 de decembro de 2006, nun vídeo titulado Lip Dubbing: Endless Dream[5]. Na descrición do vídeo, escribiu, "Ía paseando cunha canción soando nos meus auriculares, e graveime a min mesmo cantando. Cando cheguei á casa, abrino co iMovie e engadinlle un Mp3 da canción orixinal, e sincroniceino co meu vídeo. Hai un nome pra isto? Se non hai, suxiro lip dubbing."

Notas editar

  1. Páxina web oficial do Lip dub per la independència
  2. "Un 'lipdub' por la independencia rodado en Vic registra el récord mundial de participación". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2010. 
  3. (Ver vídeo)
  4. Tom Johnson (5/06/2007). "Captures dun videoclip de lip dub — Espontaneidade, Autenticidade, Participación, Diversión" (en inglés). Consultado o 12/03/2010. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2010. Consultado o 04 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar