Linguas ogúricas
As linguas ogúricas son un grupo da familia de linguas turcas. O único membro aínda vivo deste grupo é a lingua chuvaxa. As linguas ogúrias foron as primeiras en segregarse da familia turca, polo cal mostran unha diverxencia significativa doutras linguas turcas, aínda que todas comparten un devanceiro común. As linguas desta familia falábanse nalgunhas confederacións tribais nómades, como as dos onogures ou ogures, os protobúlgaros e os xázaros.[1]
Linguas ogúricas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Onogur / Ogur | |
Falado en: | Balcáns, Cáucaso e norte da China (no pasado) Rexión do Volga (no presente) | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas turcas Linguas ogúricas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
Historia
editarAs linguas ogúricas son un grupo distinto das linguas turcas, que contrastan co turco común. Este grupo está representado só pola lingua chuvaxa. A única outra lingua coñecida que foi catalogada de forma probada como ogúrica é o bulgárico, xa extinguido, mentres que o xázaro pode ser un posible parente dentro do grupo.[2] A lingua huna é clasificada ás veces como unha lingua ogúrica, aínda que tales especulacións non se basean en evidencias lingüísticas axeitadas, xa que a lingua dos hunos é case descoñecida agás por algunhas palabras e nomes persoais acreditados.[3] O ogúrico era a lingua franca do Estado Xázaro.[4]
Non hai consenso entre os lingüistas sobre a relación entre as linguas ogúricas e o turco común, e seguen sen resolverse varias cuestións:[5]
- Son ramas paralelas do prototurco (c. 500 a.C.) e, se é así, que rama é máis arcaica?
- O ogúrico representa o turco arcaico antes dos cambios fonéticos do 100 ao 400 d. C. e era unha lingua separada?
Fuzuli Bayat data a separación entre os dialectos "r" ogúricos e os dialectos "z" oghuz no II milenio a.C.[6]
Notas
editar- ↑ Golden 2011, p. 239.
- ↑ Golden 1992, p. 95–96.
- ↑ Savelyev 2020, p. 448.
- ↑ Golden 2006, p. 91.
- ↑ Golden 2011, p. 30.
- ↑ Karadeniz Araştırmaları, Sayı 3 (Güz 2004), s.71-77. Fuzuli Bayat: Oğuz kelimesinin etimolijisi, Page 74.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pritsak, Omeljan (1982). "The Hunnic Language of the Attila Clan" (PDF). Harvard Ukrainian Studies (Cambridge, Massachusetts: Harvard Ukrainian Research Institute) IV (4). ISSN 0363-5570. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2023.
- Golden, Peter Benjamin (1992). An introduction to the History of the Turkic peoples: ethnogenesis and state formation in medieval and early modern Eurasia and the Middle East. Wiesbaden: Otto Harrassowitz. ISBN 9783447032742.
- Golden, Peter B. (2011). Studies on the Peoples and Cultures of the Eurasian Steppes. Editura Academiei Române; Editura Istros a Muzeului Brăilei. ISBN 9789732721520.
- Dybo, Anna (2014). "Early Contacts of Turks and Problems of Proto-Turkic Reconstruction" (PDF). Tatarica II.
- Guglielmino, Carmela Rosalba; Béres, Judit (1996). "Genetic Structure in Relation to the History of Hungarian Ethnic Groups". Human Biology (Wayne State University Press) 68 (3): 335–355. JSTOR 41465480. PMID 8935316.
- Savelyev, Alexander (2020). "Chuvash and the Bulgharic Languages". En Martine Robbeets; Alexander Savelyev. The Oxford Guide to the Transeurasian Languages. pp. 446–464. doi:10.1093/oso/9780198804628.003.0028.
- Golden, Peter Benjamin (2006). "The Khazar Sacral Kingship". En Reyerson, Kathryn Von; Stavrou, Theofanis George; Tracy, James Donald. Pre-modern Russia and its world: Essays in Honour of Thomas S. Noonan. Otto Harrassowitz Verlag. pp. 79–102. ISBN 978-3-447-05425-6 – vía Google Books.