Lingua tigré
O tigré[1] (ትግራይት tigrayit, tamén coñecida como xasa no Sudán) é unha lingua afroasiática pertencente á póla semítica da familia. É falada pola etnia tigré do Corno de África. Pertence ás linguas etiópicas setentrionais, e xunto co tigriña é unha das linguas vivas máis achegadas á lingua ge'ez, que aínda é empregada como lingua litúrxica pola Igrexa etíope tewahedo e a Igrexa eritrea tewahedo. No ano 1997, o tigré era falado por 800 000 membros do pobo tigré en Eritrea.[2] Os tigré habitan principalmente no oeste de Eritrea, malia que tamén residen nas terras altas do norte do país e nas rexións adxacentes do Sudán.
Tigré ትግራይት | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Tigrayit | |
Falado en: | Eritrea | |
Rexións: | África oriental | |
Total de falantes: | 1 050 000 (2006) | |
Familia: | Afroasiática Semítica Meridional Semíticas etiópicas Semíticas etiópicas setentrionais Tigré | |
Escrita: | Escrita ge'ez | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | tig | |
ISO 639-3: | tig
| |
Mapa | ||
Status | ||
Notas
editar- ↑ Definición de tigré no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Eritrean census figure cited by Ethnologue.". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
Véxase tamén
editarVexa a proba da Wikipedia en Lingua tigré |
Bibliografía
editar- Camperio, Manfredo. Manuale Pratico della Lingua Tigrè, Hoepli, Milán, 1936.
- Voigt, Rainer (2008), "Zum Tigre", in: Aethiopica (International Journal of Ethiopian and Eritrean Studies), volume 11, Wiesbaden: Harrasowitz Verlag 2008, pp. 173–193.
- Beaton, A.C. & A. Paul (1954). A grammar and vocabulary of the Tigre language (as spoken by the Beni Amer). Khartoum: Publications Bureau.
- Elias, David L. (2005). Tigre of Habab: Short Grammar and Texts from the Rigbat People. Ph.D dissertation. Harvard University.
- Elias, David L. (2014). The Tigre Language of Gindaˁ, Eritrea. Brill.
- Leslau, Wolf. (1945) Short Grammar of Tigré. Publications of the American Oriental Society, Offprint Series, No. 18. New Haven: American Oriental Society.